Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.
Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. e C.T. San Pedro.
Situación: Mondariz Balneario.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 40 m de lonxitude, con conductor trifásico de 95 mm, desde unha torre metálica da L.M.T. San Pedro ó Pazo, rematando no C.T. que se proxecta en San Pedro, Concello de Mondariz Balneario. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 10 de marzo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra