Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/235-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Solvida Sanxenxo, S.L.

Domicilio social: Rúa Madrid 18 baixo, 36960 Sanxenxo.

Denominación: central de coxeración na Veiga.

Situación: Sanxenxo.

Descricións técnicas: central de coxeración cun motoxerador de 1.000 kVA, 380 V Trafo 1.600 kVA, 20 kV-380/220 V. Equipo de arranque, protección, control, sincronización e acoplamento. Equipo de recuperación da calor e almacenamento combustible 4.000 l na Veiga, Concello de Sanxenxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 3 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra