Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 4 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. 126/1998, seguido contra Gerardo García Valeiro.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a proposta de resolución do expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do artigo 24 e seguintes, en relación co artigo 1 do Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

A partir do día seguinte á publicación desta proposta de resolución, en virtude do disposto no artigo 24.3º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sanciondora), dispón dun prazo de 15 días para presentar alegacións.

Visto o expediente sancionador número E.S. 126/1998, seguido a Gerardo García Valeiro con domicilio na rúa de Arzúa, 8, 4º da Coruña, como responsable dunha infracción administrativa grave ó artigo 24 e seguintes, en relación co artigo 1 do Regulamento electrotécnico para baixa tensión (orde ministerial 2413/1973, do 29-9-1973, BOE do 98-10).

Resultando que mediante denuncia formulada por Torcuato Teixeira Batista se puxeron en coñecemento deste órgano administrativo os seguintes feitos:

Que o denunciado sen ter autorización administrativa de instalador oficial, realizou a instalación eléctrica nun local propiedade do denunciante.

Resultando que a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña acordou a incoación de expediente sancionador mediante acordo de data 14-8-1997, no que se contiña a identidade da autoridade competente para resolve-lo expediente e a do instructor do procedemento.

Resultando que o instructor do expediente, con data 5-10-1998, notificou a traves do Diario Oficial de Galicia os feitos imputados, as infraccións cometidas e as sancións que se é o caso podían recaer, con obxecto de que no prazo de quince días, ou en calquera momento anterior a dictarse esta proposta de resolución, puidera o infractor contestar á acusación realizada, tomar audiencia e vista do expediente, propoñer probas e alegar canto tivera por conveniente en orde á mellor defensa do seu dereito.

Resultando que dentro do prazo establecido non se presentou escrito de descargos e alegacións.

Considerando que o inculpado non desvirtuou a acusación realizada nin o fundamento da imputación, por canto que segundo a denuncia formulada realizou unha instalación eléctrica sen ter autorización administrativa desta delegación.

Considerando que esta delegación provincial é competente para iniciar este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril) os reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro, DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro), na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente (DOG nº 23, do 21 de marzo), reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28), no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº63, do 2 de abril e 89, do 12 de maio).

Considerando que os feitos son constitutivos de infracción administrativa grave, de conformidade co disposto nas seguintes disposicións: artigo 24 e seguintes, en relación co artigo 1 do Regulamento electrotécnico para baixa tensión (orde ministerial 413/1973, do 20 de setembro, BOE do 9 de outubro), referido ás infraccións graves, con base nos principios xerais de graduación das infraccións reguladas con carácter xeral no artigo 131.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro, sendo competente na súa aplicación o conselleiro de Industria e Comercio, segundo a disposición adicional primeira do Decreto 99/1998, do 26 de marzo.

Vistos os antecedentes e disposicións mencionadas e as demais normas de xeral e pertinente aplicación, formulo a seguinte proposta de resolución:

Primeiro.-Sancionar a Gerardo García Valeiro coa multa de 200.000 pesetas como responsable da infracción administrativa especificada no considerando terceiro desta proposta de resolución.

Segundo.-Notifíquese a presente proposta de resolución ó interesado coa indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 18 do Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar alegacións, no prazo de quince días ó remate deste prazo o conselleiro de Industria e Comercio, dictará a resolución definitiva que corresponda.

A Coruña, 4 de xaneiro de 1999.

José Manuel Liaño Pedreira

Instructor