Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.532

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico da empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. (código de convenio nº 8200521), que se suscribiu coa data do 25 de xaneiro de 1999, entre a representación da empresa e dos traballadores e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A.

Convenio colectivo 1998-1999-2000

Artigo 1º.-Dereitos lingüísticos.

Os traballadores da Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. afectados por este convenio colectivo, teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en lingua galega e a recibir formación lingüística para mellora-lo servicio ó público no seu posto de traballo, recoñecendo a empresa desta maneira, a oficialidade da lingua galega e os dereitos lingüísticos dos traballadores recollidos no Estatuto de Autonomía para Galicia, Lei de normalización lingüística, Lei do Estatuto galego dos consumidores e usuarios e demais disposicións legais concordantes.

A empresa fomentará o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións cos consumidores e administracións públicas en Galicia.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta os mismos centros de traballo que afectaba o convenio colectivo interpro

vincial de Lacto Agrícola Rodríguez, S.A:, de 1996, en tanto en canto, estes centros permanezan na mesma situación que a data da sinatura deste convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Comprende a todo o cadro de persoal, fixo ou eventual, nas súas distintas categorías profesionais, agás os cargos directivos e aquelas persoas con responsabilidades de xestión ou dirección.

Artigo 4º.-Duración e vixencia.

Para tódolos efectos a vixencia do presente convenio, calquera que sexa a data da súa sinatura, iníciase o 1 de xaneiro de 1998 e remata o 31 de decembro do ano 2000, pactándose de común acordo que cunha antelación de dous meses ó seu remate, se considera automaticamente denunciado ata que se asigne un novo convenio.

Artigo 5º.-Incrementos pactados no convenio.

No presente convenio foi pactado un incremento do 1.6% para o ano 1998, e para os anos 1999 e 2000, o IPC previsto polo Goberno nos orzamentos xerais do Estado para os ditos anos. Os ditos incrementos aplicaranse a tódolos conceptos salariais.

Artigo 6º.-Clasificación profesional.

Co obxecto de adecua-la clasificación profesional do persoal da empresa á que afecta o presente convenio, establécese a clasificación por grupos profesionais segundo a táboa correspondente reflectida no anexo I. As categorías profesionais consignadas son puramente enunciativas e non obrigan a ter cubertas tódalas categorías enumeradas se a necesidade non o require.

Artigo 7º.-Estructura salarial.

Está constituída polos seguintes conceptos: salario base, complemento persoal de antigüidade, asistencia, actividade, comisións, quebranto de moeda e gratificación de nocturnidade.

Artigo 8º.-Pagamento de remuneracións.

O pago de remuneración total correspondente a cada traballador efectuarase o día final de cada mes. En caso de que este coincidise en festivo, aboarase o día inmediatamente anterior.

O traballador terá dereito a percibir anticipos a conta do traballo xa realizado sen que chegue o día sinalado para o pagamento e sen ningunha xustificación.

Artigo 9º.-Complemento persoal de antigüidade.

Os traballadores manterán consolidadas as cantidades que polo concepto de antigüidade viñan percibindo o 31-12-1998. Ó dito importe engadirase a parte proporcional da antigüidade cumprida a esa data, de acordo co criterio que a continuación se expón:

Último quinquenio cumprido en 1998: engadir 1/5 quinquenio.

Último quinquenio cumprido en 1997: engadir 2/5 quinquenio.

Último quinquenio cumprido en 1996: engadir 3/5 quinquenio.

Último quinquenio cumprido en 1995: engadir 4/5 quinquenio.

Último quinquenio cumprido en 1994: engadir 1 quinquenio.

O dito complemento non será absorbible nin compensable e as novas incorporacións non xerarán importes por este concepto.

Artigo l0º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Gratificacións fixas: tódolos traballadores ós que lle é de aplicación o presente convenio percibirán tres gratificacións extraordinarias (marzo, xullo e decembro), que se aboarán o 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro, respectivamente, a razón de 30 días de salario base, complemento persoal de antigüidade e plus de actividade ou parte proporcional correspondente ó tempo de alta na empresa. Non se procederá a efectuar ningún desconto delas polos períodos de IT.

Os períodos de devengo das ditas pagas son os seguintes:

Marzo: 1 de xaneiro ó 31 de decembro do último ano.

Xullo: 1 de xullo do ano anterior ó 30 de xuño do ano actual.

Decembro: 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano actual.

2. Servicio militar ou servicio social substitutorio: o persoal que se encontre prestando o servicio militar terá dereito a percibir estas pagas. Quen leve, ó incorporarse ó servicio menos dun ano de contratación, percibiraas na parte proporcional que lles corresponda.

Artigo 11º.-Plus de productividade.

Aboarase un plus de productividade/ratios/mermas, consistente na cantidade de 25.000 ptas/ano; o dito aboamento realizarase coa nómina do mes de febreiro do ano seguinte, se se cumpren os requisitos que a continuación se sinalan:

90% en iogur.

94% en queixo.

A fórmula de cálculo é a seguinte:

-Sección de iogur:

Ratio = 1.675 unidades/hora/persoa

Mermas = 0,5% ------- 1,00% mix (total)

Mermas = 2,0% ------- 2,50% envases (total)

Ponderación económica (cómputo anual) = ó 50% sobre ratios y ó 50% sobre mermas.

-Sección de queixo: (fabricación e almacén)

* En proceso productivo de luns a xoves:

Ratio = 42,06 kg/hora/persoa

Mermas = 1,00% ---- 1,60% total (incluídos recortes e devolucións imputables ó proceso productivo)

* En procesos productivos de luns a venres:

Ratio = 45,95 kg./hora/persoa

Mermas : 1,00% ---- 1,60% total (incluídos recortes e devolucións imputables ó proceso productivo)

Ponderación económica.(cómputo anual): ó 50% sobre ratios e ó 50% sobre mermas.

O persoal en liñas xerais sería adxudicado ó posto de traballo no cal desenvolva máis tempo a súa función.

-Seccións auxiliares, mantemento, control de calidade e resto de seccións, percibirían o dito plus, de acordo ó cumprimento dos seguintes requisitos:

Productividade da liña de iogur = 90%

Productividade da liña de queixo = 94%

Ponderación económica, ó 50% productividade liña iogur e ó 50% productividade liña de queixo.

No momento que sufran cambios as tecnoloxías de procesos, adecuaranse os valores ás novas circunstancias.

O persoal que teña asignado outro tipo de incentivos queda excluído deste plus de productividade.

Semanalmente entregarase ó comité a documentación necesaria para o seguimento da productividade.

Non computarán para os efectos do cálculo da productividades aqueles días en que haxa incidencias debidas a:

Falta de fluído eléctrico.

Falta de materia prima ou auxiliar.

Falta de persoal.

Paradas programadas por mantemento preventivo.

Artigo 12º.-Gratificación de nocturnidade.

Establécese unha gratificación de nocturnidade de 2.362 ptas. por xornada nocturna traballada ou parte proporcional correspondente.

Artigo 13º.-Prima por domingo ou festivo traballado.

4.725 ptas + un día libre

Os traballadores da sección de recepción, por tratarse dunha sección que se ve obrigada a traballar tódolos domingos e festivos, percibirán por este concepto 6.273 ptas.

Artigo 14º.-Axudas de custo.

Establécense os seguintes importes en concepto de axudas de custo para o persoal.

-Comidas: 1.700 ptas.

-Almorzos: 213 ptas.

-Ceas: 1.475 ptas.

-Hotel: 3 estrelas

Estes importes serán aboados logo da xustificación dos gastos.

Artigo 15º.-Plus tóxico, penoso ou perigoso.

Establécese un plus para postos de traballo tóxicos, de 11.253 ptas./mes.

A definición destes postos determinaraa o Comité de Seguridade e Saúde.

Artigo 16º.-Quebranto de moeda.

O caixeiro, o auxiliar de caixa e cobradores percibirán mensualmente por este concepto a cantidade de 4.500 ptas. o primeiro e 3.938 ptas. os dous últimos. Así mesmo, o persoal de autovendas, vendedores y repartidores, que realiza xestión de cobro percibirá polo mesmo concepto a cantidade de 3.938 ptas.

Artigo 17º.-Axuda a diminuídos.

Como prestación complementaria da Seguridade Social, a empresa aboará a partir da sinatura do convenio, unha axuda de 14.000 ptas., mensuais, a cada empregado que teña un fillo a cargo que sexa diminuído físico ou psíquico. A cualificación de tales incapacidades será automática nos casos en que así fosen recoñecidos pola Seguridade Social e noutro suposto, deberá acreditarse suficientemente mediante as oportunas certificacións ou recoñecementos médicos aceptados pola mutua de traballo, sempre e cando non traballen.

Artigo 18º.-Traballo en cámaras.

Os operarios que realicen o seu traballo en cámaras frigoríficas terán unha gratificación de 1.688 ptas., por mes efectivo de traballo.

Artigo 19º.-Préstamos ó persoal.

Co obxecto de axuda-los traballadores no caso de necesidades xustificables, concederanse préstamos con xuro do valor legal do diñeiro, o dito importe non excederá de 325.000 pesetas, devolverán no prazo máximo de tres anos.

Para levar un seguimento do tema, a empresa creará un fondo económico que será supervisado trimestralmente polo comité e a dirección da empresa, e cun saldo máximo de 4.000.000 de ptas. para persoal por debaixo de tres veces o salario mínimo interprofesional.

Artigo 20º.-Seguro de vida colectivo.

Co fin de beneficiar a tódolos seus productores cunha medida de previsión a favor dos familiares a cargo de aqueles, a empresa ten concertado un

seguro de vida colectivo, no que quedan obrigatoriamente integrados tódolos seus productores. O dito seguro rexistrarase polas seguintes normas:

a) Os productores de novo ingreso causarán alta como asegurados no mesmo día da incorporación á empresa.

b) Quedan exceptuados da súa integración no seguro, os traballadores que expresamente sexan contratados con carácter de eventuais, temporeiros ou interinos.

c) Causarase baixa ó producirse o cesamento definitivo na empresa.

d) Non existirá previo recoñecemento médico, nin haberá limitación de idade.

e) A cuantía do dito seguro será:

-Por morte natural, invalidez permanente ou laboral: 1.500.000 ptas.

-Morte por accidente: 3.000.000 de ptas.

-Morte por accidente de tráfico: 4.500.000 ptas.

Artigo 21º.-Axuda escolar.

Establécese unha axuda para a formación escolar dos fillos dos traballadores en idades comprendidas entre os 4 e 17 anos, ámbalas dúas incluídas, con excepción dos que se atopen traballando. Por conseguinte, será indispensable para os que teñan 16 e 17 anos, acreditar documentalmente que se atopan matriculados nun centro escolar con asistencia a clases de mañá ou tarde.

A súa contía será de 1.100 ptas. mensuais por fillo, durante os dez meses do curso escolar (setembro a xuño ámbolos dous inclusive). Para persoal con salario menor a 3 veces o salario mínimo interprofesional en situación de resultados positivos para a compañía.

Artigo 22º.-Premio de xubilación e bolsas.

a) Premio de xubilación. Cando un traballador ó xubilarse ostente unha antigüidade na empresa superior ós 10 anos, percibirá un premio consistente no importe dunha mensualidade de soldo base por cada quinquenio que se acredite como antigüidade.

Este premio incrementarase excepcionalmente coas porcentaxes que se especifican seguidamente se a xubilación se solicita polo traballador ó cumprir, respectivamente 60, 61, 62 e 63 anos de idade e dentro dos tres meses seguintes á data en que cumpran as ditas idades.

Ó cumprir 60 anos: 45%

Ó cumprir 61 anos: 40%

Ó cumprir 62 anos: 35%

O cumprir 63 anos: 30%

b) Suxestións e propostas útiles para mellora-la organización do traballo e que sexan admitidas pola empresa. Terán compensación que consistirá en bolsas ou viaxes de perfeccionamento ou estudios con

diplomas honoríficos e cancelación de notas desfavorables no expediente persoal.

Artigo 23º.-Prestacións complementarias da Seguridade Social durante a ILT.

No centro de traballo de Vilagarcía, nos periodos en que estea suspendido o contrato de traballo por situaciones de ILT, por calquera causa, o traballador terá dereito a percibir unha retribución económica equivalente ó 100% do seu salario bruto.

Crearase unha comisión de seguimento do absentismo laboral, formada por dúas personas que representan a empresa e outras dúas o comité, que avaliarán durante a vixencia do presente convenio os índices de absentismo. Se estes superasen o 5%, durante a dita vixencia, en próximos convenios volveríase ó sistema do convenio de 1996.

Nos restantes centros de traballo, na primeira baixa do ano derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, aboarase un complemento desde o primeiro día en que resulte afectado o traballador por unha incapacidade, ata alcanzar o 100% do seu salario bruto. Nas seguintes baixas, o traballador percibirá as cantidades que teña sinaladas en cada circunstancia a LGSS.

Nos casos de accidente laboral, pagarase sempre o citado complemento, independentemente do número de veces que resulte incapacitado o traballador por este motivo no transcurso do ano.

Se durante o periodo de ILT, se producisen incrementos económicos de carácter xeral, a empresa pagará, a partir do día primeiro do mes seguinte ó de producirse o dito incremento, a diferencia entre o que corresponde percibir o traballador da Seguridade Social e o que lle correspondería percibir desta se causase baixa despois de producirse o incremento, sen que en ningún caso a suma de ambalas dúas percepcións poida excede-lo tope máximo de accidentes de traballo, enfermidade común ou accidente non laboral.

Artigo 24º.-Xornada de traballo.

A duración da semana ordinaria de traballo fíxase en corenta horas.

Na xornada continuada efectuarase un descanso intermedio de 20 minutos que se aboará como tempo traballado; pero que en ningún caso se sumará para o cómputo de horas extraordinarias para os efectos dos límites máximos legais.

Artigo 25º.-Vacacións.

Todo o persoal da empresa, sen distinción de categoría profesional, disporá de trinta días naturais de vacacións.

As vacacións poderanse coller nun só período continuado, podéndose pacta-lo goce das vacacións en dous períodos quedando á discreción da dirección da empresa atender peticións para distribuílas en fraccións inferiores a dúas semanas.

Pola dirección da empresa de cada centro de traballo, tendo en conta as súas distintas características e de acordo cos representantes dos traballadores programarase período de vacacións para dispoñer delas no transcurso dos doce meses do ano, confeccionándose os calendarios correspondentes tendo en conta as necesidades da empresa os momentos de maior producción e o cumprimento das súas obrigas comerciais e productivas.

O persoal que tendo as súas vacacións anuais ou parte delas asignadas no calendario para os dous últimos meses do ano natural, e non poida desfrutalas por encontrarse en situación de incapacidade temporal, poderá desfrutalas, de común acordo coa empresa, ata o último día do mes de febreiro do ano seguinte, logo da aceptación por parte da empresa.

O persoal que teña a totalidade das súas vacacións nos meses de xaneiro, febreiro, novembro ou decembro, terá dereito a 3 días naturais máis de vacacións. Quen só desfrute 15 días nestes meses, terá dereito a 2 días máis, en vez dos tres correspondentes a 30 días.

Ós autovendas, promotores e todo persoal que perciba comisións, aboaráselle, durante as vacacións, o importe correspondente ó cálculo da media das percibidas os seis meses anteriores.

Artigo 26º.-Permisos regulamentarios.

O persoal da empresa logo do aviso e xustificación en legal forma, terá dereito a permiso, con percepción íntegra do seu salario, por algún dos motivos e coa duración máxima seguinte:

a) Matrimonio do traballador: quince días naturais.

b) Nacemento de fillo: tres días naturais ó producirse o nacemento. En caso de coincidir coa fin de semana e coa finalidade de axudar ás obrigas paternas engadirase un día máis. No caso de adopción de fillos, a licencia será dun día.

c) Falecemento ou enfermidade moi grave ou intervención cirúrxica de cónxuxe, fillos, pais, irmáns e irmáns políticos: tres días naturais. Se as causas sinaladas tivesen lugar en distinta Comunidade Autónoma, esta licencia será ampliada ata cinco días como máximo.

No caso de pais políticos, esta licencia será de 2 días.

d) Falecemento de avó e neto: dous días naturais. Se o falecemento tivese lugar fóra da Comunidade Autónoma, ampliarase un día máis. No caso do falecemento dun tío, esta licencia será dun día.

e) Voda de fillo, irmán, irmán político, pais e pais políticos, un día natural. Se a voda tivese lugar en distinta Comunidad Autónoma, esta licencia será ampliada ata tres días.

f) Exames: polo tempo estrictamente indispensable cando curse estudios e deba someterse a exames con previa xustificación escrita ante a empresa.

g) Cargo ou representación sindical: polo tempo necesario para o desempeño das súas funcións quen ostente cargo ou representación sindical, logo da xustificación e ata un máximo que determine a lei sindical.

h) Atención de asuntos urxentes: tres días naturais ó ano cando se precise atender persoalmente a asuntos propios de xustificada urxencia.

i) Mudanza de domicilio familiar: un día. En caso de traslado fóra do municipio en que se vive, será de dous días.

Artigo 27º.-Xubilación.

A dirección da empresa e os representantes dos traballadores, ante a situación de permanente adecuación do cadro de persoal para acomodala ós niveis óptimos de emprego, acordan a xubilación obrigatoria dos traballadores ó cumpri-los 64 anos de idade, sempre que o traballador non resulte prexudicado nos seus dereitos económicos ou de xubilación.

Neste caso a empresa aboará, ata os 65 anos, a diferencia que corresponda ó 100% en tódolos conceptos sobre salario neto anual. Para os casos de traballadores con 63 anos, farase sempre e cando haxa acordo entre as partes. Se algún traballador, chegada a dita idade, non solicitase voluntariamente a baixa por xubilación, a empresa deberá proceder a esta con carácter inmediato.

Para aquel persoal que chegados os 64 anos non tivesen cubertos os períodos de cotización necesarios para acadar o 92% da pensión de xubilación, a empresa comprométese co comité intercentros a negociar unha mellor saída para este traballador.

Artigo 28º.-Excedencias.

Nesta materia haberá que aterse a todo o disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e á Lei orgánica de liberdade sindical, no seu artigo 9.1º.b. A excedencia por maternidade dun a tres anos dará dereito á reserva do posto de traballo.

Artigo 29º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias serán de carácter voluntario e mensualmente informarase o comité intercentros sobre as horas extraordinarias realizadas no mes anterior.

Ós efectos previstos no RDI 9858/1981, do 20 de agosto e 1/1985, do 5 de xaneiro, páctanse como horas extraordinarias estructurais as necesarias para atender pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da específica natureza da actividade de que se trate, sempre que non sexa posible a utilización doutras modalidades de contratación previstas pola lei.

O prezo unitario da hora extra, será de 1.300 ptas., a partir do 1-1-1999.

Artigo 30º.-Formación profesional.

A dirección da empresa establecerá un plan de formación, co obxectivo de proporcionarlle ó persoal,

en tódolos seus niveis e de forma paulatina, os coñecementos adecuados para a realización das súas funcións e o seu desenvolvemento profesional.

Decididos os plans de formación e previamente á súa implantación solicitarase do comité intercentros o informe que se determine no artigo 64.l.4º c) do Estatuto dos traballadores.

Créase un comité de formación paritario á sinatura deste convenio, que se reunirá bimensualmente.

Para o persoal da empresa que realice cursos non recollidos nos plans de formación, en centros oficiais para a obtención de coñecementos profesionais que gardan relación directa coas actividades da empresa e teñan unha aplicación efectiva, a medio ou a longo prazo nela, establécese unha axuda económica consistente no pago do 50% de gastos de matrícula e textos debidamente xustificados.

Esta axuda solicitarase a través dos xefes de departamento e terá que ser aprobada polo comité creado para o seu fin.

Artigo 31º.-Promocións.

Establécense dous tipos de promocións:

a) Por libre designación

b) Por concurso-oposición

a) Libre designación. Defínese como libre designación o acceso ó posto que, en razón das súas funcións e responsabilidades, son cubertos por decisión da empresa e que corresponden ós postos e categorías profesionais seguintes:

Técnico superior, técnico medio, xefe de fabricación, xefes e promotores de vendas, xefe de sección, xefe administrativo 1ª e 2ª, encargado, caixeiro, secretarias de dirección.

Excepto para o técnico xefe, xefe de control leiteiro, xefe de fabricación e delegados, as convocatorias a estes postos faranse públicas co fin de que o persoal do cadro de persoal poida acceder á selección.

b) Por concurso-oposición. Defínese promoción por concurso-oposición, o acceso ás categorías laborais non recollidas no punto anterior, coa excepción do cambio de peón a peón especialista, que será automático sempre que a persoa proposta teña unha antiguidade mínima de dous anos na categoría de peón.

Para a realización destas promocións, créase un tribunal cualificador composto por 4 membros. Dous membros designados polo comité de empresa, dous membros da dirección, dos que un deles será o director de persoal ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente do tribunal, e con voto de cualidade decisorio.

Para cubrir unha vacante ou posto de nova creación nestas categorías, a empresa comunicará ó comité intercentros a existencia de tal posto.

A continuación, no prazo de 5 días hábiles, a empresa decidirá e publicará os requisitos ou probas de exame que se vaian realizar, e non poderá realizarse este nun tempo inferior a 15 días nin superior a 30. A estas convocatorias poderá concorrer calquera membro do cadro de persoal, formulando a oportuna solicitude dentro do prazo que se sinale.

Se a convocatoria quedase deserta pola falta de candidatos internos ou por non acadar estes a puntuación mínima requirida, a empresa poderá cubri-la dita vacante por libre designación ou nova convocatoria á que poida opta-lo persoal alleo á empresa.

O tribunal cualificador deberá establece-las cualificacións definitivas e publicalas nun prazo máximo de 8 días, a partir da data de terminación das probas.

O tribunal terá facultades para, unha vez anunciada a vacante ou posto de nova creación, decidir sobre a necesidade de realizar probas de aptitude, ou en caso negativo, establecer directamente a orde de prioridade.

Acceso á categoría. Para a realización efectiva do cambio de categoría, establécense os seguintes períodos de proba:

-6 meses para postos de libre designación

-3 meses para postos de persoal cualificado

-15 días para postos de persoal non cualificado.

Durante o período de proba, o traballador percibirá o salario correspondente á nova categoría, pero non se efectuará ó cambio efectivo dela. Se transcorrido o dito período os informes non fosen positivos, remitiranse ó tribunal cualificador quen valorará, se é o caso, o retorno ou non á categoría anterior.

Artigo 32º.-Persoal con capacidade diminuída.

Aquel persoal que por deficiencias físicas ou psíquicas o por outras circunstancias non se encontren en situación de desenvolve-lo traballo para o que foi contratado, a empresa comprométese a destinalo a traballos o máis adecuados posible ás súas condicións e de acordo á súa categoría laboral. En tódolos casos en que se presente a dita situación, a empresa, antes de adopta-la súa decisión, solicitará informe do comité intercentros, que deberá emitir no prazo máximo de cinco días oralmente ou por escrito a súa elección. A cualificación das condicións físicas será realizada pola mutua de traballo en informe escrito por médico.

Artigo 33º.-Comité de empresa e delegados de persoal.

Nesta materia haberá que aterse a todo o disposto no título II do Estatuto dos traballadores.

Existe un comité intercentros, que é o máximo órgano representativo dos traballadores e que se rexe polos seus propios estatutos; as súas competencias son as seguintes:

a) Está lexitimado para negociar convenios colectivos na empresa, regulamentos e calquera outro tipo

de actos que afecten os intereses xerais dos traballadores da compañía, sen prexuízo das competencias que nos seus respectivos ámbitos poidan te-los comités de centros de traballo, delegados de persoal e seccións sindicais.

b) Deberá recibir información periódica e documentada sobre a situación da empresa que atribúe o artigo 64 da Lei do Estatuto dos traballadores ós comités de empresa nas súas respectivas esferas.

c) O comité intercentros deberá observa-lo debido segredo profesional na forma que regula o artigo 65.2º do Estatuto dos traballadores.

d) Deberá ser informado, mensualmente sobre o número de horas extraordinarias realizadas no período anterior, causa destas e medidas adoptadas para a súa diminución ou supresión cando sexa posible.

e) Poderá acceder, logo da comunicación da compañía, ós locais nos que se celebre algunha reunión de comités de empresas, contando co consentimento destes, así como ás asembleas de traballadores que se celebren nos locais da compañía.

f) Co obxecto de que aqueles centros de traballo que non estean representados no comité intercentros poidan estar debidamente informados, a secretaría permanente poderá convocar reunións coa representación sindical de cada un destes centros, logo da comunicación á dirección da compañía, cunha periodicidade de 2 reunións anuais como máximo e unha duración para cada unha delas dun día.

g) As seccións sindicais legalmente constituídas, poderán acumular horas sindicais nun ou varios dos seus membros.

Ámbalas dúas partes acordan que unha vez rematadas as eleccións sindicais dos anos 1998-99, e sexan proclamados os candidatos, o comité intercentros pasará a compoñerse de 7 membros y seguirá existindo, en tanto en canto, as antigas delegacións de LARSA, non se integren noutros centros de traballo da Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A.

Artigo 34º.-Seccións sindicais.

O funcionamento de seccións sindicais no ámbito da empresa así como os dereitos dos delegados sindicais, axustarase ó disposto no artigo 10 da Lei 11/1985, do 2 de agosto, Lei orgánica de liberdade sindical.

Cando os sindicatos ós que representen os delegados, obtivesen polo menos un 30 por cento dos votos por elección do comité de empresa nese centro de traballo, aplicarase a escala seguinte:

De 0 a 50: ningún delegado.

De 51 a 200: un delegado

Artigo 35º.-Fondo económico.

Créase un fondo económico por conta da empresa, destinado a financia-las xestións do comité intercentros derivadas da súa representatividade. O dito fondo será de 305.000 ptas.

Artigo 36º.-Canon de negociación.

Establécese un canon de negociación de convenio, por conta da compañía, que se fixa na cantidade de 254.000 ptas, o cal se poñerá á disposición das seccións sindicais representadas na mesa de negociación; a dita cantidade dividirase proporcionalmente segundo a representación na dita mesa.

Artigo 37º.-Sancións.

Cando se apliquen sancións moi graves ó persoal da empresa, haberá que aterse en todo caso ó que marque o Estatuto dos traballadores no seu artigo 64, apartado 1.7º. Non obstante, antes de sanciona-lo traballador será informado o comité intercentros, por escrito e con antelación de 3 días.

Artigo 38º.-Comisión paritaria.

Co alcance e funcións previstas no artigo 85.2.e) do Estatuto dos taballadores, desígnase a comisión paritaria composta por 6 membros titulares e outros 6 suplentes; 3 titulares e 3 suplentes por designación da empresa e 3 titulares e 3 suplentes por elección dos traballadores.

Artigo 39º.-Comité de Seguridade e Saúde.

Neste artículo aplicarase a Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 40º.-Recoñecemento médico.

Tódolos traballadores realizarán unha revisión xeral completa e suficiente a lo menos unha vez o ano, dentro da xornada laboral.

O comité de seguridade e saúde, determinará as probas que hai que realizar, segundo as características do posto de traballo.

Os traballadores teñen dereito a coñece-lo informe persoal que resulte dos recoñecementos.

Artigo 41º.-Roupa de traballo.

Tódolos traballadores disporán das pezas de roupa necesarias e regulamentarias para o desenvolvemento do seu traballo, que dependerá das condicións en que este se realice. Así mesmo, estarán obrigados a renova-las pezas nas que se observe algunha deterioración e a empresa facilitará pezas novas, contra entrega das vellas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Para todo aquelo que en materia de regulación das condicións de traballo, se atopa previsto no presente convenio, ámbalas dúas partes acordan en aplicar supletoriamente as disposicións que non sexan incompatibles coa propia actividade desenvolvida pola Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. na súa planta de Vilagarcía. En todo caso, será de aplicación directa ou supletoria o Estatuto dos traballadores e o convenio colectivo nacional de industrias lácteas e demais disposicións legais vixentes.

Segunda.-Acórdase factura-la mercadoría ós empregados para consumo persoal, a prezo de custo + 5%, cun importe máximo por empregado/mes de 13.000 ptas.

Terceira.-Quilometraxe. O prezo do quilómetro, para todo aquel persoal con dereito a percibilo será de 25 ptas.

Cuarta.-Todo conductor que conducindo un vehículo cometese unha infracción que ocasionase a retirada de carné de conducir, terá dereito a desempeñar sen perda de categoría laboral o posto que designe a empresa polo tempo que teña o carné retirado. Sen embargo todo aquel conductor que sexa reincidente ou a causa do sinistro sexa inxustificada, a súa acción será estudiada pola comisión creada para o efecto, composta por 2 membros do comité e 2 da empresa e adopta-las medidas oportunas. No caso que así se decida pagarán as comisións segundo o resultante da media anual que percibise.

Quinta.-Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto á intimidade e/ou contra a liberdade das traballadoras e traballadores, conductas de acoso sexual verbais ou físicas, serán conceptuadas como faltas moi graves, valoradas con rigor pola dirección da compañia en función da repercusión do feito. Nos supostos en que se leve a cabo servíndose da súa relación xerárquica coa persoa afectada e/ou sobre persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, sección sindical ou representantes dos traballadores e a dirección de persoal da empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador/a afectados procurando tapa-la súa identidade, cando así fose requirido.

Sexta.-Todo aquel traballador do departamento comercial que se lle asigne un novo traballo distinto do de reparto e venda que viñese desenvolvendo no momento do cambio, aplicaráselle o seguinte criterio salarial:

Se o importe do salario base e plus de actividade do traballador asignado a sua nova función fose superior á media dos mesmos conceptos das persoas que desempeñen o dito cargo no momento do cambio, manteráselle o salario actual.

Se o importe do salario base e plus de actividade do traballador asignado a súa nova función fose inferior a media dos mesmos conceptos das persoas que desempeñan o dito cargo no momento do cambio, aplicaráselles a partir da data do cambio un salario igual a media dos ditos traballadores nos conceptos de salario base e plus de actividade.

A media do salario base e plus de actividade, determinarase sumando cada un dos ditos conceptos dos traballadores co mesmo traballo e dividíndoos polo número total de traballadores sobre os cales se sumaron os conceptos anteriores.

ANEXO I

CLASIFICACIÓN SEGUNDO FUNCIÓNS: CATEGORÍAS E DEFINICIÓNS

O persoal da empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A., afectado por este convenio, clasificarase, en atención á función que desempeña, nalgún dos seguintes grupos:

1. Persoal técnico.

2. Persoal administrativo.

3. Persoal comercial.

4. Persoal subalterno.

5. Persoal obreiro.

Persoal técnico.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

-Técnico xefe

-Técnico superior

-Técnico medio

-Xefe de fabricación

-Xefe de control leiteiro

-Xefe de sección

-Encargado

-Capataz

-Controlador distrito leiteiro

-Mestre queixeiro

-Oficial de laboratorio

-Auxiliar de laboratorio

Definicións:

-Técnico xefe: é o que posuíndo un título facultativo superior ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, dirixe dentro de cada fábrica ou grupo de fábricas, laboratorio, sección, etc., o inherente ó proceso operatorio ou estudio del, ocupándose da súa mellora e/ou perfeccionamento e cantas esixencias precise a súa elaboración. Ten o mando directo sobre os demais técnicos e a responsabilidade do traballo, disciplina e seguridade do persoal.

-Técnicos superiores: son aqueles que, posuíndo un título profesional oficial de carácter universitario, de escola técnica de grao superior ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, desenvolven nelas, funcións propias da súa titulación ou coñecementos.

-Titulados medios: son os que tendo un título facultativo de escola de grao medio, escola universitaria ou coñecementos equivalentes en materias recoñecidas pola empresa, desempeñan as funcións propias dos ditos títulos ou coñecementos, baixo a supervisión directa da dirección, técnicos xefes ou técnicos superiores.

-Xefes de fabricación: son os que ás ordes do directores da fabricación ou superiores xerárquicos e

baixo á súa responsabilidade, asumen a dirección e vixilancia dos procesos de fabricación, ordenando a maneira en que o traballo ten que desenvolverse, estando ó fronte do persoal que realiza as tarefas técnicas e/ou manuais para a elaboración dos productos.

-Xefes de control leiteiro: son os que teñen ó seu cargo a organización das zonas de recollida do leite, con persoal baixo ás súas ordes, itinerarios de transporte, clasificación de calidades do leite, disciplina e responsabilidade do traballo, etc.

-Xefes de sección: son os que baixo a supervisión directa do director correspondente teñen a responsabilidade da sección, exercendo as funcións de dirección, coordinación e control dos encargados, capataces e operarios da sección, así coma das distintas tarefas de sección, observando o funcionamento dos distintos órganos que comprende esta, respondendo da disciplina do persoal, da distribución do traballo, a boa execución del e a conservación dos útiles e instalacións.

-Encargados: son os que, con coñecementos completos, tanto teóricos como prácticos sobre os procesos productivos, ás ordes dos seus superiores, axudan e vixían os traballos da sección, sendo responsables da forma de execución e da disciplina do persoal e conservación dos útiles e instalacións.

-Capataces: son aqueles traballadores ós cales polas súas especiais condicións, se lles confía a dirección dun grupo de obreiros.

-Controladores de distrito leiteiro: son os que desenvolven as funcións de vixilancia e estatística de producción, toma de mostras, control de cortes e outras que se lles poidan confiar polos seus superiores, tanto en relación coa medición, limpeza e comprobación de calidades nos distritos leiteiros, como calquera outra específica do seu labor de control. Interveñen tamén nas misións de pagamento.

-Mestres queixieiros: son os que realizan a elaboración dunha ou varias clases de queixos, obtendo un rendemento eficaz e normal desde a entrada do leite ata a saída do queixo para a súa comercialización e coñecen tódalas fases intermedias. Así mesmo, deban entende-las prácticas xerais do leite e o manexo de máquinas e utensilios empregados na elaboración.

-Oficiais de laboratorio: son os que, cun coñecemento adecuado técnico e práctico das normas analíticas da empresa, realizan toda clase de análises tanto físicas como químicas ou bacteriolóxicas.

-Auxiliares de laboratorio: son os que no laboratorio realizan funcións carentes de responsabilidade técnica axudando os seus superiores nas tarefas sinxelas que poidan ter unha rápida comprobación. Fan análise físico-químicas de maneira instrumental.

-Persoal administrativo:

Este grupo comprende as seguintes categorías:

-Xefes de primeira

-Xefes de segunda

-Oficial de primeira

-Oficial de segunda

-Auxiliares

-Xefes de primeira: son os empregados que, provistos ou non de poderes, baixo a supervisión do director correspondente, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controlar unha ou varias seccións administrativas, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo.

-Xefes de segunda: son os empregados que, provistos ou non de poderes limitados, e supervisados por un director ou xefe de primeira, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar ou controlar unha sección ou grupos de traballo administrativos, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo entre o persoal que del dependa. Queda incluído nesta categoría o tesoureiro, responsable de caixa.

-Oficiais de primeira: son os empregados que, baixo a supervisión dun xefe de 1ª ou de 2ª, teñen a responsabilidade dun servicio ou función determinado, dentro do cal exercen iniciativa e posúen responsabilidade, con ou sen persoal a cargo, para o que se precisan coñecementos xerais de administración a nivel de FP1 ou semellante e coñecementos amplos do servicio ou función correspondente.

Inclúese nesta categoría as funcións de secretaria de dirección, caixeiro, cobros e pagamentos, sen sinatura nin fianza, transcrición de libros oficiais contables, programadores e operadores de informática.

-Oficiais de segunda: son os empregados que teñen iniciativa e responsabilidade restrinxida sobre un servicio ou un conxunto de tarefas administrativas para as que se precisan coñecementos básicos sobre as tarefas ou servicio que desempeñan. Efectúan funcións de contabilidade, caixa e coadxuvantes delas; transcrición en libros auxiliares, correspondencia, organización de arquivos e ficheiros, redacción de facturas, seguros sociais, expedicións e demais traballos similares, taquimecanógrafos sen idioma estranxeiro, operadores de máquinas clásicas e verificadores, así como perforistas con velocidade mínima de oito mil perforacións hora.

-Auxiliares: son os empregados que desempeñan tarefas e operacións elementais administrativas e, en xeral, as puramente mecánicas inherentes ó traballo daquelas. Poderán, así mesmo, realizar outras funcións non estrictamente burocráticas, tales como pesar, anotar pesos, comprobar existencias, etc.

Terán esta categoría profesional os perforistas que non alcancen as oito mil perforacións hora, así como aqueles empregados que realicen traballos elementais e auxiliares relacionados cos ordenadores ou

máquinas clásicas de mecanización, servicio de télex, telefonistas e recepcionistas.

-Persoal comercial.

Este grupo comprende as categorías profesionais seguintes:

-Xefes de venda

-Promotores ou supervisores de vendas

-Viaxantes

-Corredores de praza

-Repartidores e/ou autovendas

-Degustadores ou demostradores

-Xefes de vendas: son os que, baixo a supervisión directa do director de vendas ou comercial, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controla-la acción comercial da empresa nunha ampla zona de mercado, dándolle sentido de unidade, planificando, distribuíndo o traballo ó persoal de vendas que estea ó seu cargo e animando a xestión de vendas.

Participa co seu xefe inmediato na negociación e establecemento de condición de vendas dos clientes.

Responde da disciplina do persoal ó seu cargo e da boa execución dos traballos que se lles asigne.

-Promotor ou supervisores de vendas: son os empregados que, baixo a supervisión do xefe de vendas, percorren as zonas ou rutas que lles indiquen, co obxecto de controlar, vixiar e anima-la xestión comercial de viaxantes, corredores, repartidores e outros axentes e representantes, así como visitar clientes, promover vendas, xestionar cobros de operacións morosas ou calquera outra misión que directarmente se lles encomende, relacionada coa venda e distribución dos productos da empresa. Cando permanezcan no centro de traballo poderán empregarse en tarefas de estatística, controis diversos ou traballos similares.

-Viaxantes: son os empregados que, ó servicio exclusivo da empresa, percorren persoalmente as rutas ou áreas xeográficas que se lles sinalen para ofrecer artigos, tomar notas de pedidos, informa-los clientes, transmitir encargos recibidos e coidar do seu cumprimento. Mentres permaneza na localidade na que radique a empresa, poderán ser empregados en oficinas ou destinos semellantes. Se a organización da empresa así o esixise, poderán conducir un vehículo, ofrecer, vender e cobrar ó mesmo tempo o xénero entregado.

-Corredores de praza: son os empregados que ó servicio exclusivo da empresa, que de modo habitual, realizan as mesmas funcións atribuídas ó viaxante, pero na praza onde radica a empresa na que presta os seus servicios.

-Repartidores e/ou autovendas: son os traballadores que teñen como función principal realiza-la distribución e entrega de productos ós clientes da empresa, tomar nota dos pedidos que estes lles fagan

e se fan cargo do cobro e liquidación das vendas ó contado que se lles encomenden. Realizarán a carga e descarga do vehículo que se lles asigne, podendo ser conductores del; neste caso coidarán da sua conservación, limpeza e boa prestación. Cando o seu traballo non absorba a xornada completa poderanse destinar a outros cometidos adecuados na empresa.

-Degustadores ou demostradores: son os que percorren as poboacións, zonas ou establecementos que se lles indiquen co obxecto de dar a coñecer ó público os productos da empresa perante mostraxes, demostracions, presentacións e/ou degustacións.

Cando permanezan no centro de traballo, poderán empregarse en tarefas adecuadas ás súas características.

Persoal subalterno.

Este grupo comprende as seguintes categorías.

-Almaceneiro

-Pesadores ou basculeiros

-Cobradores

-Porteiros

-Ordenanzas

-Conserxes

-Gardas, sereos e vixilantes

-Almaceneiro: son os operarios que teñen ó seu cargo a responsabilidade da recepción das mercadorías e despacho de productos, coas operacións complementarias de medición, pesaxe, colocación en andeis, etc., así como o rexistro e control de existencias permanente e movemento diario de mercadorías e productos.

-Pesadores ou basculeiros: son os traballadores que teñen como misión pesar en básculas, carros, camións ou vagóns e rexistrar tales operacións nos libros correspondentes.

-Cobradores: son os traballadores que teñen como ocupación habitual a realización de cobros e pagos por conta da empresa.

-Porteiros: son os traballadores que coidan os accesos das fábricas, locais industriais e oficinas, controlando as entradas e saidas do persoal, vehículos e mercadorías, logo da pesaxe destas, caso necesario.

-Ordenanzas: terán esta categoría os traballadores a misión das cales consiste en facer recados, reproducir documentos, así como levar a cabo outros traballos elementaís por orde dos seus superiores.

Conserxes: son os encargados de distribuí-lo traballo dos porteiros, ordenanzas, gardas e serenos, atendendo a disciplina deste persoal e o coidado das distintas dependencias das oficinas e locais industriais.

-Garda, sereo e vixilante: son os traballadores que teñen a responsabilidade de vixia-las instalacións da empresa, coida-los accesos a esta, controlando as entradas e saídas de persoas, materias primas,

logo de pesaxe destas, realizando as tarefas de custodia e vixilancia, de acordo coas instruccións recibidas dos superiores.

Persoal obreiro.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

-Peóns

-Especialistas de terceira

-Especialistas de segunda

-Especialistas de primeira

-Oficiais de terceira

-Oficiais de segunda

-Oficiais de primeira

-Peóns: son os operarios que realizan labores que non requiren a práctica operatoria previa para a súa execución.

-Especialistas: comprende esta categoría, nas súas tres clasificacións de primeira, segunda e terceira, aqueles operarios que, despois dun determinado período de prácticas, realizan tarefas e operacións da industria láctea e seus derivados.

Neste sentido, a clasificación corresponderá coas definicións seguintes:

Especialistas de terceira: son os operarios que coñecen e realizan unha operación de proceso industrial e están á fronte dunha máquina, respondendo do funcionamento dela. En todo caso considéranse dentro desta clasificación os postos de traballo que a continuación se describen:

1. Envasadores: son os encargados de enche-los envases nas máquinas semiautomáticas.

2. Preparadores de xarope: son os que cun rendemento correcto e normal, preparan os cocidos de xaro pe de sucre, realizando as operacións de pesado e peineirado do sucre, así como a disolución, cocción, filtrados e demais accesos de tales operacións.

Especialistas de segunda: son os operarios que coñecen e realizan varias operacións do proceso industrial dalgún producto e realizan unha ou varias operacións dos ditos procesos. Considéranse dentro desta categoría os seguintes grupos:

a) Oficiais queixeiros: son os que realizan a elaboración dalgunha clase de queixo e coñecen o manexo das máquinas e utensilios que interveñen nesta clase de transformación.

b) Oficiais manteigueiros: son os que coñecen as distintas fases da elaboración de manteiga e o manexo de tódalas máquinas que interveñen na súa fabricación.

c) Pesadores de leite fresca a recepción: son os que comproban a báscula e practican a pesada do leite, facendo as sumas e anotacións de acordo coas

instruccións dos seus superiores, distribuíndo o artigo para as distintas masas e productos que se elaboren.

d) Envasadores por medios mecánicos: son os encargados de vixiar e realiza-lo enchido polas máquinas envasadoras, coñecendo tódalas condicións dun perfecto envasado.

e) Hixienizadores do leite: son os que coidan da vixilancia e bo funcionamento dentro da fábrica, de todos e cada un dos aparellos de calquera sistema de hixienización.

f) Refrixeradores de leites concentrados e condensados: son os que efectúan a refrixeración do leite concentrado ou condensado e están ó coidado da batería de refrixeradores, coñecendo tódalas condicións de temperatura e tempo de recuperación.

-Especialistas de primeira.-Son os operarios que coñecen as operacións que comprende a elaboración dalgúns dos productos lácteos e realizan unha o máis delas. En todo caso considéranse dentro desta clasificación os postos de traballo que a continuación se describen:

-Elaboración e envasado de iogur, pasteurizado, aséptico, queixo fresco, postres, tona, manteiga, leite en po, etc.

-Envasado dos productos anteriores, caldeiras e compresores, esterilización, desecado

-Oficiais: son os operarios que, tendo feito nas condicións legais establecidas a aprendizaxe dun oficio determinado, desempeñan as funcións propias del.

Quedan comprendidos neste grupo os conductores de recollida, distribución, mecánicos, electricistas, carpinteiros, albaneis, soldadores, etc. Os operarios encadrados neste grupo de oficios, clasifícanse nas seguintes categorías:

-Oficiais de terceira: son os operarios que, despois de face-la aprendizaxe dun oficio, non alcanzaron os coñecementos e experiencia necesarios para executa-los traballos coa corrección esixida a un oficial de segunda.

-Oficiais de segunda: son os traballadores que realizan coa corrección adecuada os traballos do seu oficio, pero sen posuír unha especialización que lles permita desempeña-los traballos máis complexos con perfección.

-Oficiais de primeira: son aqueles operarios que coñecendo un oficio, practícano con tal grao de perfección que non soamente lles permite levar a cabo os traballos xerais deste, senón aqueloutros que supoñen especial esmero e delicadeza.

Se algún posto non estivese recollido no presente documento por ser de nova creación ou modificación, reuniríase a comisión mixta paritaria para a súa clasificación.

ANEXO II

Táboa salarial vixente para o ano 1998

CategoríaSoldo base

mensual

Plus de

asistencia

mensual

Persoal técnico:

Técnico xefe172.45716.545

Técnico superior149.55916.545

Técnico medio131.14416.545

Xefe de fabricación135.08916.545

Xefe de C. leiteiro118.37916.545

Xefe de sección118.37916.545

Encargado108.28616.545

Capataz106.63416.545

Contr. Dis. Leit.99.92816.545

Mestre queixeiro98.80816.545

Oficial de laboratorio97.20816.545

Auxiliar laboratorio83.42816.545

Persoal administrativo:

Xefe de 1ª Admtvo.127.83816.545~

Xefe de 2ª Admtvo.123.34716.545

Of. 1ª Admtvo.106.63416.545

Of. 2ª Admtvo.97.20816.545

Auxiliar Admtvo.83.42816.545

Telefonista83.42816.545

Persoal comercial:

Xefes de vendas127.83816.545~

Promotores106.63416.545

Viaxantes97.20816.545

Corredores de praza97.20816.545

Repartidores86.17716.545

Degustadores83.42816.545

Persoal subalterno:

Almaceneiros89.482~16.545~

Pesadores83.42816.545

Cobradores83.42816.545

Porteiros83.42816.545

Ordenanzas83.42816.545

Conserxes89.48216.545

Gardas, serenos e Vix.83.42816.545

Persoal obreiro:

Especialista 1ª89.21416.545

Especialista 2ª87.55416.545

Eespecialista 3ª86.05516.545

Peón especialista85.18316.545

Peón84.31316.545

Oficial 1.O.V.89.21416.545

Oficial 2.O.V.87.55416.545

Oficial 3.O.V.86.05516.545

ANEXO III

Táboas de mínimos en concepto de actividade

para 1998

Persoal técnico:

Técnico xefe82.732

Técnico superior70.911

Técnico medio58.797

Xefe de fabricación59.090

Xefe de C. leiteiro59.090

Xefe de sección59.090

Encargado19.138

Capataz19.044

Contr. Dis. Leit.29.385

Mestre queixeiro17.637

Oficial de laboratorio33.091

Auxiliar laboratorio9.456

Persoal administrativo:

Xefe de 1ª Admtvo.59.090

Xefe de 2ª Admtvo.47.470

Of. 1ª Admtvo.21.273

Of. 2ª Admtvo.15.760

Auxiliar Admtvo.20.091

Telefonista20.091

Persoal comercial:

Xefes de vendas59.090

Promotores33.868

Viaxantes22.009

Corredores de praza17.725

Repartidores8.258

Degustadores8.258

Persoal subalterno:

Almaceneiros9.456

Pesadores9.456

Cobradores9.456

Porteiros9.456

Ordenanzas9.456

Conserxes9.456

Gardas, serenos e Vix.9.456

Persoal obreiro:

Especialista 1ª18.913

Especialista 2ª10.506

Eespecialista 3ª9.456

Peón especialista9.456

Peón9.456

Oficial 1.O.V.24.819

Oficial 2.O.V.16.545

Oficial 3.O.V.9.456

Quedan exceptuados destas táboas os traballadores con contrato eventual.

Táboas de salarios anuais mínimos para 1998

por categorías

Persoal técnico:

Técnico xefe4.026.375

Técnico superior3.505.590

Técnico medio3.047.655

Xefe de fabricación3.111.225

Xefe de C. leiteiro2.860.575

Xefe de sección2.857.455

Encargado2.109.900

Capataz2.083.710

Contr. Dis. Leit.2.138.235

Mestre queixeiro1.945.215

Oficial de laboratorio2.153.025

Auxiliar laboratorio1.591.800

Persoal administrativo:

Xefe de 1ª Admtvo.3.002.460

Xefe de 2ª Admtvo.2.760.795

Of. 1ª Admtvo.2.117.145

Of. 2ª Admtvo.1.893.060

Auxiliar Admtvo.1.751.325

Telefonista1.751.325

Persoal comercial:

Xefes de vendas3.002.460

Promotores2.306.070

Viaxantes1.986.795

Corredores de praza1.922.535

Repartidores1.615.065

Degustadores1.573.830

Persoal subalterno:

Almaceneiros1.682.610

Pesadores1.591.800

Cobradores1.591.800

Porteiros1.591.800

Ordenanzas1.591.800

Conserxes1.682.610

Gardas, serenos e Vix.1.591.800

Persoal obreiro:

Especialista 1ª1.820.445

Especialista 2ª1.669.440

Eespecialista 3ª1.631.205

Peón especialista1.618.125

Peón1.605.075

Oficial 1.O.V.1.909.035

Oficial 2.O.V.1.760.025

Oficial 3.O.V.1.631.205

Quedan exceptuados destas táboas os traballadores con contrato eventual.

Táboa salarial vixente para o ano 1999

CategoríaSoldo base

mensual

Plus de

asistencia

mensual

Persoal técnico:

Técnico xefe175.56116.843

Técnico superior152.25116.843

Técnico medio133.50516.843

Xefe de fabricación137.52116.843

Xefe de C. leiteiro120.51016.843

CategoríaSoldo base

mensual

Plus de

asistencia

mensual

Xefe de sección120.51016.843

Encargado110.23516.843

Capataz108.55316.843

Contr. Dis. Leit.101.72716.843

Mestre queixeiro100.58716.843

Oficial de laboratorio98.95816.843

Auxiliar laboratorio84.93016.843

Persoal administrativo:

Xefe de 1ª Admtvo.130.13916.843

Xefe de 2ª Admtvo.125.56716.843

Of. 1ª Admtvo.108.55316.843

Of. 2ª Admtvo.98.95816.843

Auxiliar Admtvo.84.93016.843

Telefonista84.93016.843

Persoal comercial:

Xefes de vendas130.13916.843

Promotores108.55316.843

Viaxantes98.95816.843

Corredores de praza98.95816.843

Repartidores87.72816.843

Degustadores84.93016.843

Persoal subalterno:

Almaceneiros91.09316.843

Pesadores84.93016.843

Cobradores84.93016.843

Porteiros84.93016.843

Ordenanzas84.93016.843

Conserxes91.09316.843

Gardas, serenos e Vix.84.93016.843

Persoal obreiro:

Especialista 1ª90.82016.843

Especialista 2ª89.13016.843

Eespecialista 3ª87.60416.843

Peón especialista86.71616.843

Peón85.83116.843

Oficial 1.O.V.90.82016.843

Oficial 2.O.V.89.13016.843

Oficial 3.O.V.87.60416.843

ANEXO IV

Táboas de mínimos en concepto de actividade

para 1999

Persoal técnico:

Técnico xefe84.221

Técnico superior72.187

Técnico medio59.855

Xefe de fabricación60.154

Xefe de C. leiteiro60.154

Xefe de sección60.154

Encargado19.482

Capataz19.387

Contr. Dis. Leit.29.914

Mestre queixeiro17.954

Oficial de laboratorio33.687

Auxiliar laboratorio9.626

Persoal administrativo:

Xefe de 1ª Admtvo.60.154

Xefe de 2ª Admtvo.48.324

Of. 1ª Admtvo.21.656

Of. 2ª Admtvo.16.044

Auxiliar Admtvo.20.453

Telefonista20.453

Persoal comercial:

Xefes de vendas60.154

Promotores34.478

Viaxantes22.405

Corredores de praza18.044

Repartidores8.407

Degustadores8.407

Persoal subalterno:

Almaceneiros9.626

Pesadores9.626

Cobradores9.626

Porteiros9.626

Ordenanzas9.626

Conserxes9.626

Gardas, serenos e Vix.9.626

Persoal obreiro:

Especialista 1ª19.253

Especialista 2ª10.695

Eespecialista 3ª9.626

Peón especialista9.626

Peón9.626

Oficial 1.O.V.25.266

Oficial 2.O.V.16.843

Oficial 3.O.V.9.626

Quedan exceptuados destas táboas os traballadores con contrato eventual.

Táboas de salarios anuais mínimos para 1999

por categorías

Persoal técnico:

Técnico xefe4.098.852

Técnico superior3.568.693

Técnico medio3.102.515

Xefe de fabricación3.167.229

Xefe de C. leiteiro2.912.068

Xefe de sección2.912.068

Encargado2.147.880

Capataz2.121.219

Contr. Dis. Leit.2.176.726

Mestre queixeiro1.980.231

Oficial de laboratorio2.191.782

Auxiliar laboratorio1.620.455

Persoal administrativo:

Xefe de 1ª Admtvo.3.056.507

Xefe de 2ª Admtvo.2.810.492

Of. 1ª Admtvo.2.155.256

Of. 2ª Admtvo.1.927.137

Auxiliar Admtvo.1.782.851

Telefonista1.782.851

Persoal comercial:

Xefes de vendas3.056.507

Promotores2.347.582

Viaxantes2.022.560

Corredores de praza1.957.143

Repartidores1.644.138

Degustadores1.602.161

Persoal subalterno:

Almaceneiros1.712.899

Pesadores1.620.455

Cobradores1.620.455

Porteiros1.620.455

Ordenanzas1.620.455

Conserxes1.712.899

Gardas, serenos e Vix.1.476.062

Persoal obreiro:

Especialista 1ª1.853.215

Especialista 2ª1.699.492

Eespecialista 3ª1.660.569

Peón especialista1.647.254

Peón1.633.969

Oficial 1.O.V.1.943.400

Oficial 2.O.V.1.791.708

Oficial 3.O.V.1.660.569

Quedan exceptuados destas táboas os traballadores con contrato eventual.

Acta anexa ó convenio colectivo 1998

Reunidos á dirección e o comité intercentros da Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A., acordan establecer un banco horario para as horas extras realizadas na factoría de Vilagarcía, que funcionará como a continuación se detalla:

1. De tódalas horas extras realizadas polo persoal, destinaranse o 50% delas ó fondo horario e abonarase o 50% restante.

2. O prezo da hora extra será de 1.300 ptas. cada unha, a partir do 1-1-1999.

3. As horas extras que pasen a formar parte do banco horario e que se descansen, pagaranse a 400 ptas./hora.

4. As horas extras incluídas no banco horario e non descansadas complementaranse ata as 1.300 ptas./hora.

5. O saldo mínimo global que poderá existir no dito banco será de 2.250 horas. A partir do dito saldo, tódalas horas serán aboadas ó prezo de 1.300 ptas.

6. O saldo máximo por traballador será de 40 horas. Unha vez chegado a este tope, a empresa deberá

da-los descansos correspondentes, ou ben aboarlle as horas do banco e iniciar un novo cómputo.

7. Constitúese unha comisión de seguimento do funcionamento do banco horario, co fin de aclarar e resolver cantas dúbidas surdan durante o funcionamento deste. Por parte da representación sindical comporán a dita comisión Valentín Fernández Currás e César García Balboa e por parte da empresa Pablo Pascual García e Jesús Crusat Méndez.

8. A empresa obrígase a facilita-la representación sindical, mensualmente ó nº de horas extras totais realizadas, descansadas e ó saldo total acumulado resultante. O 30 de xuño e o 30' de decembro poranse a cero os saldos existentes no banco horario, ben descansando ou ben aboando as horas existentes, iniciándose a continuación un novo período de cómputo.

9. As condicións actuais de funcionamento do banco horario terán a mesma vixencia que o convenio colectivo é dicir, ata o 31-12-2000 data na cal, o comité e a empresa comrométense a renegocia-las condicións del. Mentres duren as negociacións das novas condicións do banco horario, seguirán vixentes as condición actuais ata que estas sexan variadas.

Vilagarcía, 25 de xaneiro de 1999.