Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.528

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999 pola que se inscribe a Asociación Cultural O Derradeiro Celta no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Cultural O Derradeiro Celta, con data do 22 de marzo de 1999.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Cultural O Derradeiro Celta quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 099.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1999.

P.D.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo