Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.517

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de marzo de 1999 pola que se convocan prazas e axudas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudios de ensino secundario e de réxime especial no próximo ano académico 1999-2000.

O Decreto 43/1989, do 2 de marzo (DOG do 31), polo que se transforman os centros de ensinanzas integradas en institutos de educación secundaria e en centros residenciais docentes, faculta, na súa disposición derradeira, parágrafo 1º, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento e execución do disposto nel.

Na súa virtude, e consonte o establecido no artigo 8 do citado decreto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Capítulo I

Condicións xerais

Artigo 1º

1. Convócanse prazas e axudas nos centros residenciais docentes para os estudios que se indican nos centros que se detallan no anexo I, así como para todas aquelas ensinanzas que os ditos centros teñan autorizadas para o curso 1999/2000 e que proximamente se publicarán no DOG. As axudas para cursar estudios de ESO serán as correspondentes ós institutos de educación secundaria.

2. O número de prazas de residencia serán as correspondentes ás vacantes que se produzan para o curso 1999-2000, e faranse públicas no momento de se produciren.

Artigo 2º

1. De conformidade co artigo 8 do Decreto 43/1989, do 2 de marzo (DOG do 31 de marzo), as prazas dos centros residencias docentes levan implícita a admisión no instituto de educación secundaria da mesma localidade, segundo se especifica no dito decreto.

2. No caso de que a solicitude sexa feita coa finalidade de cursar especialidades que non se impartan nos institutos de educación secundaria citados no punto anterior, a adxudicación de praza de residencia terá carácter provisional. A adxudicación farase definitiva cando o interesado presente, na secretaría do centro residencial docente respectivo, xustificante acreditativo de que foi admitido no instituto no que se imparta a devandita especialidade, que necesariamente ten que ser da mesma localidade que o centro residencial docente. Para estes efectos enténdese que a localidade do centro residencial docente da Coruña é, ademais de Culleredo, a cidade da Coruña.

3. A adxudicación, con carácter provisional, da praza de residencia, permitiralle ó solicitante considerar como domicilio o centro residencial docente, para os únicos efectos de valoración por proximidade do domicilio no proceso de admisión de centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 1999/2000. A certificación que se lle expida, segundo o modelo do anexo II desta orde, terá a mesma validez que a certificación do concello para os efectos da Orde do 6 de abril de 1995 (DOG do 6 de maio), pola que se regula o procedemento para admisión de alumnos en bacharelato e ciclos formativos de formación profesional de grao medio, en centros sostidos con fondos públicos.

Artigo 3º

1. Poderán concorrer a esta convocatoria todos aqueles que reúnan os requisitos de idade e estudios previstos nela e que desexen prosegui-los seus estudios nos centros indicados no artigo anterior como residentes nos respectivos centros residenciais docentes así como os actuais residentes dos centros residenciais docentes que rematen un nivel educativo, grao ou ciclo, se desexan seguir como tales no seguinte nivel, grao ou ciclo. Para estes efectos entenderase que o COU forma nivel educativo co bacharelato.

2. Para poder optar á praza de residencia, os aspirantes deberán acredita-las circunstancias que impidan a súa escolarización nun centro sostido con fondos públicos. Con carácter xeral esta circunstancia será a de non poder cursa-los estudios solicitados por non haber un centro sostido con fondos públicos, que imparta os devanditos estudios, ben na localidade de residencia, ben nunha localidade próxima que permita, polos medios de comunicación da zona, un acceso diario con facilidade. Para tal obxecto, as delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria emitirán o correspondente informe na solicitude do aspirante. Con carácter particular, e documentalmente acreditado, poderanse ter en conta outras circunstancias, como condicións de orfandade, fillo de emigrantes ou situacións familiares moi graves.

3. Os residentes participarán economicamente nos gastos desta de acordo coa seguinte escala:

Os alumnos ós que o limiar da renda familiar non lles exceda do que se fixe na convocatoria de bolsas

e axudas ó estudio no nivel de educación secundaria para poder recibir bolsa ou axuda ó estudio de carácter xeral: ningunha.

Os que superen ata un 10%: 66.000.

Os que superen en máis dun 10% e ata un 20%: 102.000.

Os que superen en máis dun 20% e ata un 30%: 163.000.

Os que superen en máis dun 30%: 245.000.

O aboamento da participación económica poderase fraccionar ata nun máximo de tres prazos trimestrais anticipados.

Para os fillos de españois residentes no estranxeiro, o limiar de renda familiar per cápita multiplicarase polo coeficiente que corresponda, segundo a táboa seguinte:

Estados Unidos, Noruega, Suecia, Suíza, Alemaña e Dinamarca: 2,3.

Francia, Austria, Italia, Bélxica, Luxemburgo, Australia, Canadá e Reino Unido: 1,5.

Restantes países: 1,0.

Capítulo II

Normas de procedemento

Artigo 4º

1. As solicitudes dos aspirantes formalizaranse de acordo co modelo que figura no anexo III da presente orde.

2. As solicitudes poderanse presentar nos centros residenciais docentes. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

3. Os funcionarios receptores deberán cotexa-la veracidade dos datos reflectidos na folla de solicitude, requirindo dos interesados a documentación que para tal efecto consideren necesaria; igualmente comprobarán que as follas de solicitude estean cubertas en tódolos seus apartados. Tódalas follas estarán asinadas polo funcionario receptor correspondente.

4. Unha vez recibidas polos centros residenciais docentes, as solicitudes serán remitidas ás delegacións provinciais correspondentes, que na maior brevidade posible, emitirán o preceptivo informe e serán devoltas ós centros.

Artigo 5º

As axudas para gastos residenciais concederanse total ou parcialmente, segundo o nivel de renda familiar e de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 6º

O proceso de selección dos aspirantes axustarase ó disposto nos artigos seguintes.

Capítulo III

Selección de aspirantes

Sección I. Requisitos académicos.

Artigo 7º

1. Para poder desfrutar das axudas reguladas nesta orde será preciso o cumprimento dos requisitos esixidos para o efecto pola lexislación académica vixente para poder acceder ó curso que se solicite, sempre que non teña máis de dúas materias pendentes.

2. Sempre que se cumpran os requisitos académicos previstos no parágrafo anterior e que non variasen as circunstancias que motivaron a concesión, a renovación das axudas para os diferentes cursos dun mesmo nivel ou grao educativo producirase de xeito automático.

Artigo 8º

1. Non poderá obterse praza de residencia cando os estudios solicitados supoñan perda dun ou máis cursos no proceso educativo. Non se considerará tal circunstancia cando o pase a outro nivel ou grao de ensino estea previsto na lexislación vixente como unha continuación posible dos estudios realizados anteriormente. Así mesmo, tampouco se terá en conta no caso de alumnos que despois de cursar bacharelato pasen a cursar estudios de formación profesional de segundo grao, réxime xeral, sen cursa-lo COU.

Sección II. Criterios de valoración para a concesión de praza

Artigo 9º

A valoración das solicitudes admitidas abranguerá dúas cualificacións: a socio-económica e a académica.

Artigo 10º

A valoración socio-económica obterase ó aplica-lo baremo establecido de acordo cos seguintes criterios: renda familiar, composición do grupo familiar, condición de orfandade ou calquera outra situación familiar especial e o número de habitantes do lugar de residencia familiar.

Artigo 11º

1. Por renda familiar entenderase a suma dos ingresos obtidos por tódolos membros computables, calquera que sexa a súa procedencia, no ano natural inmediatamente anterior ó do comezo do curso académico 1999-2000, e entenderase que son ingresos de base da familia.

2. A renda familiar dispoñible obterase deducindo da renda familiar o importe ó que ascendan as retencións e ingresos á conta, tanto por rendementos de traballo e actividades profesionais, como por rendemento de capital mobiliario, os pagamentos fraccionados, xuros de capitais alleos investidos na adquisición da primeira vivenda, as cotizacións á Seguridade Social ou cantidades aboadas por dereitos pasivos e a mutualidades de carácter obrigatorio, as cotizacións obrigatorias ós colexios de orfos ou institucións similares e o cinco por cento sobre os ingresos íntegros por rendementos de traballo, cun

tope máximo de duascentas setenta mil pesetas, ou o quince por cento, cun tope máximo de seiscentas mil pesetas, e nos supostos previstos no artigo 28.2º da Lei 18/1991, do imposto sobre a renda das persoas físicas. Tamén se deducirá a cantidade ingresada como consecuencia da autoliquidación do imposto sobre a renda das persoas físicas. No caso de que mediase devolución por parte do Tesouro Público, a renda familiar dispoñible deberá incrementarse na cantidade que se vaia devolver. Non serán obxecto de deducción as desgravacións por plans de pensións. Para obte-la renda familiar non se computarán, en ningún caso, as cantidades percibidas como bolsas ou axudas ó estudio procedentes do Estado.

Os órganos de selección estudiarán especificamente aqueles ingresos que procedan de indemnizacións por despedimento.

3. Os titulares de explotacións agropecuarias computarán como ingresos o valor dos productos daquelas que sexan utilizadas para o seu propio consumo.

4. Os ingresos familiares dos solicitantes dos que os pais sexan españois residentes no estranxeiro, poderanse consignar en moeda propia do país en que se obteñan; o cálculo do seu contravalor en pesetas farase aplicando o tipo oficial que dea un resultado menor e que tivese a moeda respectiva o 2 de xaneiro do ano en que se solicite a axuda, e computarase tan só un 75% deste.

5. Os aspirantes deberán achegar unha copia selada da declaración formulada para o imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ó ano a que se refiran os ingresos consignados na solicitude a partir da data en que remate o prazo establecido para presentar tal declaración tributaria. Se os ingresos de base declarados para solicita-la praza fosen diferentes ós que figuran na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas presumirase, salvo xustificación en contra, que houbo ocultación de ingresos, e procederase, en consecuencia, a denega-la praza de residencia ou as prestacións solicitadas.

Artigo 12º

1. Consideraranse membros do grupo familiar:

O solicitante, o pai e a nai, os irmáns solteiros menores de 26 anos que convivan no domicilio familiar ou os de maior idade que padezan incapacidade ou diminución física, psíquica ou sensorial e os ascendentes dos pais que xustifiquen adecuadamente a súa residencia no mesmo domicilio.

Os irmáns solteiros maiores de 26 anos cando estean prestando o servicio militar, ou realizando estudios, sen actividade de carácter laboral remunerada, ou no suposto de que constitúan a fonte de recursos económicos máis importantes da familia.

Os irmáns solteiros menores de 26 anos cando estean en situación de paro laboral. Pero se percibisen subsidio de desemprego deberá ser este computable entre os ingresos de base da familia.

A persoa menor de 26 anos que estea acollida legalmente ou de feito pola familia do solicitante

e vivindo á conta súa sempre que a devandita convivencia quede suficientemente xustificada.

2. No caso de divorcio ou separación dos pais non se considerará membro computable aquel dos pais que non conviva co solicitante, sen prexuízo de que nos ingresos de base da familia se inclúa a súa contribución económica.

3. Nos casos nos que o solicitante alegue a súa independencia familiar, calquera que sexa o seu estado civil, deberá acreditar suficientemente esta circunstancia e o seu domicilio, así como o pagamento de alugueiro da vivenda se é o caso, e dos medios económicos con que conta. De non xustificar suficientemente estes datos, a solicitude será sometida a exame pormenorizado con comprobación da renda e a situación real do solicitante.

Artigo 13º

1. Ó cociente dos ingresos anuais polo número de membros computables da familia adxudicaráselle a seguinte puntuación:

Puntos

Ata 545.000 pesetas10

De 545.001 a 620.0008

De 620.001 a 695.0007

De 695.001 a 770.0006

De 770.001 a 845.0005

De 845.001 a 920.0004

De 920.001 a 995.0003

De 995.001 a 1.070.0002

De 1.070.001 a 1.145.0001

Máis de 1.145.0000

2. Engadirase 0,50 puntos por cada un dos irmáns, incluído o solicitante, que integre o grupo familiar de acordo co establecido no artigo 12 da presente orde.

3. Ós aspirantes en situación de orfandade incrementaráselle-la puntuación en 10 puntos; en 15 se se trata de orfandade absoluta.

4. Ós aspirantes con circunstancias familiares especiais engadiráselles ata 5 puntos. Consideraranse neste apartado situacións tales como fillos de españois residentes no estranxeiro; familias con membros diminuídos física, psíquica ou sensorialmente, sempre que da incapacidade se derive a imposibilidade de obter ingresos de natureza laboral; cando o cabeza de familia sexa inválido ou estea afectado de enfermidade permanente que o imposibilite para o traballo, e que a súa única fonte de ingresos sexa a pensión percibida pola dita invalidez ou que estea en situación de paro, sen percepción do subsidio de desemprego e existan dificultades de escolarización que valorará o tribunal cualificador.

5. En atención ó número de habitantes da entidade singular de poboación na que resida a familia, engadiranse os seguintes puntos, de acordo co previsto no artigo 10º:

Puntos

Entidades de menos de 1.000 habitantes5

Entidades de 1.001 a 2.000 habitantes4

Entidades de 2.001 a 5.000 habitantes3

Entidades de 5.001 a 10.000 habitantes2

Entidades de 10.001 a 20.000 habitantes1

Entidades de máis de 20.000 habitantes0

6. As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderán propoñer á consideración do tribunal cualificador casos concretos de solicitantes que presenten unha problemática excepcional ou que residan en zonas con grandes dificultades de escolarización. O tribunal cualificador, considerando esta circunstancia, poderalles outorgar a estes aspirantes a puntuación que resulte adecuada para a obtención de praza.

Artigo 14º

O rendemento académico dos aspirantes valorarase numericamente pola nota media das disciplinas correspondentes ó curso anterior, neste sentido, e para efectos do cómputo da nota media, utilizarase a seguinte táboa de equivalencias:

Puntos

Moi deficiente2

Insuficiente ou suspenso4

Suficiente, aprobado, convalidado5

Ben6

Notable8

Sobresaliente10

Capítulo IV

Adxudicación de prazas de residencia

Artigo 15º

Os centros residenciais docentes remitirán á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, con anterioridade ó 10 de maio, o número de vacantes co fin de que o tribunal cualificador poida establece-los criterios para a súa cobertura.

Artigo 16º

Un tribunal cualificador valorará as solicitudes. Estará composto como segue:

-Presidente: o director xeral de Centros e Inspección Educativa ou persoa en quen delegue.

-Vocais: un representante de cada un dos centros residenciais docentes.

-Un representante do servicio de promoción estudiantil das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Un representante da Inspección Central.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario.

Artigo 17º

1. O tribunal cualificador, á vista das solicitudes presentadas e do número de prazas dispoñibles, establecerá unha nota mínima, tanto na fase de valoración socio-económica como na valoración académica, para cada un dos cursos nos niveis ou graos que os solicitantes vaian realizar. O tribunal cualificador excluirá os aspirantes que non acaden as devanditas notas mínimas, comunicándollelo antes de finaliza-lo mes de xuño.

2. Só os solicitantes que alcancen as notas mínimas na valoración socio-económica e académica establecidas polo tribunal cualificador terán acceso á fase de selección.

3. A puntuación total obterase da suma das valoracións socio-económica e académica.

Artigo 18º

1. Antes do 1 de xuño, o tribunal cualificador elevará á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa proposta de concesión das prazas de residencia, así como relación de solicitantes declarados suplentes para cubri-las vacantes que se produzan.

2. Antes do 15 de xuño, a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa resolverá a concesión das prazas de residencia, que lles será comunicada ós interesados e indicará a decisión adoptada sobre as súas solicitudes. Ós admitidos con praza e ós suplentes sinalaráselle-lo centro residencial docente ó que son destinados.

3. Na mesma data remitirase ós centros residenciais docentes a relación de residentes destinados a estes, así como os suplentes que se nomeasen para cubri-las vacantes que se produzan.

Artigo 19º

As prazas de residencia convocadas para cada centro cubriranse tendo en conta a puntuación total obtida polos aspirantes e a localización do seu domicilio en relación coa dos centros residenciais docentes respectivos e as posibilidades de desprazamento ós seus domicilios, co obxecto de facilita-la convivencia familiar durante os días non lectivos e as vacacións.

Capítulo V

Adxudicación das axudas

Artigo 20º

A resolución provisional das axudas dos residentes seralles comunicada ós centros residenciais docentes pola Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa antes do 20 de xuño de 1999.

Artigo 21º

Os respectivos centros residenciais docentes, en calquera momento do curso 1999-2000, elevarán propostas de revisión de axudas á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa daqueles beneficiarios ós que as condicións particulares se lles modifiquen.

Capítulo VI

Comprobación de requisitos

Artigo 22º

Os centros residenciais docentes poñeranse en contacto cos residentes titulares e suplentes que lles fosen destinados, e reclamaránlle-la documentación necesaria para verifica-lo cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria.

Capítulo VII

Reclamación e recursos

Artigo 23º

1. De acordo co disposto na vixente Lei de procedemento administrativo, a resolución da convo

catoria comunicaráselles ós interesados e ós centros, e daráselles ós primeiros un prazo de reclamación de 15 días, desde a data de notificación desa resolución, para alegacións.

2. As reclamacións serán resoltas no prazo de quince días naturais pola Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

3. Resoltas as reclamacións formuladas, as adxudicacións definitivas faranse públicas nos taboleiros de anuncios dos respectivos centros residenciais docentes. Contra esta resolución definitiva poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes desde a súa publicación, como previo á xurisdicción contencioso-administrativa.

Capítulo VIII

Incorporación dos alumnos seleccionados

Artigo 24º

1. Os centros residenciais docentes, unha vez coñecidos os residentes titulares que se van incorporar por reuni-los requisitos esixidos na convocatoria e por acepta-la praza, avisarán os suplentes por orde de lista para cubri-las vacantes que se producisen. Para tal efecto formularán consulta previa coa Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, para coñecer se hai que reservar praza para algún aspirante unha vez resoltas as posibles reclamacións recibidas.

2. Ós suplentes que non pasen a titulares seralles comunicada esta circunstancia polos respectivos centros residenciais docentes.

3. Queda absolutamente prohibida a incorporación de residentes non beneficiarios mentres non se esgote a relación de residentes que superasen as notas mínimas a que se fai referencia no artigo 17 nos estudios correspondentes.

4. Os residentes incorporados quedarán suxeitos ás normas de réxime interno do centro.

5. O estado de saúde do residente, que se acreditará documentalmente no momento da incorporación ó centro, deberá permiti-lo normal desenvolvemento da vida residencial ou docente, se é o caso.

6. Os residentes que non se incorporen ós centros residenciais docentes nas datas que cada centro sinale para o inicio do curso escolar, non poderán desfrutar da praza de residencia, e perderán os seus dereitos, salvo nos casos de forza maior, apreciados polo xerente, oído o consello de residencia.

7. As normas de incorporación serán elaboradas polos respectivos centros residencias docentes, que deberán poñelas en coñecemento dos seus residentes con 10 días de antelación. Cada centro enviará copia das súas normas de incorporación á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa no momento do seu envío ós residentes.

8. Cada centro residencial docente será responsable de que tódolos residentes que efectúen a súa incorporación reúnan os requisitos esixidos na convocatoria, segundo o establecido no artigo 22.

Artigo 25º

A falsidade de datos ou a falsificación de documentos que se presenten, calquera que sexa o momento en que se demostre a inexactitude, terá como consecuencia a perda total dos dereitos do solicitantes, sen prexuízo doutras responsabilidades a que houbese lugar, logo da apertura do correspondente expediente.

Artigo 26º

1. A perda da condición de alumno do centro onde debía cursa-los estudios para os que lle foi concedida a axuda, determinará a perda desta e, asemade, a condición de residente do centro residencial docente.

2. Igualmente, cesarán no desfrute das axudas como consecuencia de sanción disciplinaria ou baixo rendemento académico, de acordo coa normativa vixente, logo do oportuno expediente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Estudiantes non beneficiarios. Os estudiantes que non teñan concedidas axudas poderán desfrutar dalgún ou varios dos servicios de residencia, sempre que exista dispoñibilidade para iso, mediante o aboamento do seu importe, de acordo coas cantidades fixadas para os residentes que excedan dos módulos máximos. Nese caso, a utilización dos devanditos servicios suporá o compromiso tácito do estricto cumprimento da normativa de convivencia establecida polos respectivos centros residenciais docentes.

Segunda.-Desprazamento dos residentes ós seus domicilios familiares. Co obxecto de facilita-la convivencia familiar dos residentes e tendo en conta as posibilidades e duración dos desprazamentos, os centros programarán estes durante as fins de semana e grupos de días festivos coa periodicidade aconsellable. En todo caso, os gastos de desprazamento serán por conta dos propios residentes.

Terceira.-Compatibilidades. Estas axudas poderán ser compatibles coa axuda compensatoria e a axuda para gastos determinados por razón de material escolar da convocatoria xeral de bolsas e axudas ó estudio.

Cuarta.-En todo o non regulamentado pola presente orde, serán de aplicación as normas vixentes en materia de bolsas e axudas ó estudio.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas necesarias para o cumprimento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria