Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.515

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de marzo de 1999 pola que se clasifican postos de traballo revervados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Por acordo do Pleno do Concello de Ponteceso, provincial da Coruña, do 26 de novembro de 1998,

foi creado o posto de colaboración de secretaría adxunta da devandita entidade, e proposta a súa clasificación en clase terceira, reservándose a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional da subescala de secretaría-intervención.

Segundo o antedito acordo e de conformidade co establecido no artigo 241 de Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia; no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; e nos artigos 2.g) e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, esta consellería, no uso da competencia que lle confire o artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia

DISPÓN:

Clasifica-lo posto de colaboración de secretaría adxunta do Concello de Ponteceso, provincial da Coruña, conforme se especifica no anexo que se xunta á presente orde.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e

Administración Pública

ANEXO

Corporación: Concello de Ponteceso (A Coruña).

Posto de traballo: secretaría adxunta.

Clase: terceira.

Subescala: secretaría-intervención.