Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 18 de marzo de 1999, o proxecto técnico de auga Igrexa-Merza e rede de sumidoiros Añobre-Cruces, redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas Alfredo Montero Vaz, exponse ó público durante o prazo de quince días hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, para efectos de exame e reclamacións.

Na mesma sesión aprobouse o prego de cláusulas administrativas que rexerán o concurso, polo procedemento aberto, da obra de auga Igrexa-Merza e rede de sumidoiros Añobre-Cruces, exponse ó público por un prazo de oito días hábiles, para que poidan presentarse as alegacións ou reclamacións que os interesados consideren oportunas.

Pola súa vez, convócase licitación pública para a adxudicación da devandita obra, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións ó prego, reanudándose, o que reste, a partir do día seguinte ó da resolución das reclamacións.

Obxecto do contrato: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, da obra de auga Igrexa-Merza e rede de sumidoiros Añobre-Cruces.

Tipo de licitación: 14.161.044 pesetas (IVE incluído).

Prazo de execución: seis meses.

Garantías: a provisional establécese en 283.221 pesetas, e a definitiva igual ó 4% do importe de adxudicación.

Prazo de presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Apertura de plicas: terá lugar ás dez horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. Se este coincide en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula 2ª do prego de condicións.

Modelo de proposicións: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre á parte os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios e impostos que procedan, incluído o IVE, así como os de dirección técnica das obras.

Vila de Cruces, 22 de marzo de 1999.

O alcalde-presidente

Rubricado