Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 18 de marzo de 1998, o proxecto técnico de mercado de gandos e zonas peonís do mercado, redactado polo enxeñeiro técnico de Obras P. Alfredo Montero Vaz, queda exposto ó público na secretaría deste concello, durante o prazo de oito días hábiles, -que empezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción deste edicto no BOP-, para efectos de exame e reclamacións.

Na mesma sesión tamén se aprobaron os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o concurso público urxente e procedemento aberto da obra de mercado de gando e zonas peonís do mercado, expoñéndose ó público por un prazo de catro días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas. Pola súa vez convócase licitación pública para a adxudicación da devandita obra, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións ó proxecto técnico ou ó prego, reanudándose, o que reste, a partir do día seguinte ó da resolución das reclamacións.

Obxecto do contrato: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, da obra de mercado de gando e zonas peonís do mercado.

Tipo de licitación: é de 10.000.000 de pesetas, con IVE incluído.

Prazo de execución: 3 meses.

Garantías: a provisional establécese en 200.000 pesetas, e a definitiva igual ó 4% do importe de adxudicación.

Prazo de presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Apertura de plicas: terá lugar ás dez horas do primeiro día hábil seguinte a aquel no que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este coincide en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula 2 do prego de condicións.

Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre á parte os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios e impostos que procedan, incluído o IVE, así como os de dirección técnica das obras.

Vila de Cruces, 22 de marzo de 1999.

O alcalde-presidente

Rubricado