Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1999 pola que se anuncia concurso público por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita. (Expediente 4/1999).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 4/1999.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: mellora da rede de comunicacións voz/datos dos campus de Marcosende, Vigo cidade, Pontevedra e Ourense.

b) Número de unidades que se entregarán: as especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato.

e) Prazo de entrega: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 120.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 2% do importe de licitación:

Definitiva: 4% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo - Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Areal nº 46 - edificio anexo ó Rectorado - 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo - 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 35 54. f) Data límite de obtención de documentos e información: 14 de maio de 1999.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 21 de maio de 1999 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal nº 46 - planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte á data límite para a recepción de ofertas.

e) Admisión de variantes: admitirase a presentación de variantes ou alternativas limitada á configuración de troncais, enlaces de seguridade e interconexión de centros illados. Estas alterantivas deberán en todo caso cumpri-los mínimos e condicións especificadas no prego de prescricións técnicas.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal nº 46 - 1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: 25 de maio de 1999. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 30 de marzo de 1999.

Vigo, 7 de abril de 1999.

P.D. (Resolución 24-6-1998)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo