Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso, procedemento aberto, para a adquisición de vendas (expediente 13/1999), adquisición de guantes non estériles (expediente 14/1999), adquisición de víveres (expediente 16/1999), adquisición de lencería de hospitalización e neceseres (expediente 18/1999) e adquisición de roupa dun só uso (expediente 19/1999).

O director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e peri

féricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-los seguintes concursos:

-Expediente 13/1999:

Obxecto: adquisición de vendas de xeso, de crepe e de algodón.

Orzamento: 2.808.200 ptas.

-Expediente 14/1999:

Obxecto: adquisición de guantes non estériles.

Orzamento: 4.858.500 ptas.

-Expediente 16/1999:

Obxecto: adquisición de víveres.

Orzamento: 16.858.514 ptas.

-Expediente 18/1999:

Obxecto: adquisición de lencería de hospitalización e neceseres.

Orzamento: 10.880.500 ptas.

-Expediente 19/1999:

Obxecto: adquisición de roupa dun só uso.

Orzamento: 7.732.635 ptas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de cada unha das partidas ás que se concorre.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: inmediato desde a formalización do contrato, con entregas parciais do material adxudicado, segundo necesidades do centro fixadas polos servicios competentes ata o 31-12-1999.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o concurso.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital do Meixoeiro, Meixoeiro s/n, 36200 de Vigo. En días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 986 81 11 59. Fax: 986 81 11 39.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 26 de marzo de 1999.

Rubén Sanz Cartagena

Director xerente do Hospital do Meixeiro de Vigo