Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 9 de marzo de 1999, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se fai público o inicio da tramitación do expediente de clasificación dos montes Castrillón e outros, pertencentes ó lugar de Meiro (concello de Bueu).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 4 de xuño de 1997, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Bueu.

Lugar: Meiro.

Nome do monte: Castrillón.

(Catastro 25-406).

Cabida: 2,019 ha.

Lindes:

Norte: encrucillada de camiños e predios particulares.

Sur: pista forestal e predios particulares.

Leste: predios particulares.

Oeste: pista forestal.

Descrición do perímetro.

Partindo do mencionado depósito (na parte sureste atópase enclavado un depósito municipal de auga) dirección norte, camíñase por unha pista que separa a parcela dos predios particulares na súa parte oeste ata chegar ó punto máis ó norte da parcela onde se atopa con predios particulares con muros de pedra de cachotería e unha encrucillada de camiños que dá servidume a outros predios, é alí onde se colle rumbo ó sur atravesando a parcela pola súa parte leste onde se aprecian os límites dos predios particulares con pedras de forma irregular. Unha vez chegados ó sur atopámonos de novo coa pista forestal.

Nome do monte: Coto.

(Catastro 26-39).

Cabida: 0,163 ha.

Lindes:

Norte: camiño de servidume e predios particulares.

Sur: camiño de servidume.

Leste: predios particulares.

Oeste: camiño de servidume e predios particulares.

Descrición do perímetro.

Desde unha encrucillada de camiños na súa parte sur, e en dirección norte rodéase a parte leste da parcela onde se aprecia o límite cos predios por medio de pedras a modo de marcas e noutras con pequenos noiros de terra. Unha vez no punto máis ó norte da parcela, diríxese de novo cara ó sur por un camiño que delimita a parcela no oeste.

Nome do monte: Feira.

(Catastro 25-547).

Cabida: 0,153 ha.

Lindes:

Norte: predios particulares.

Sur: predios particulares.

Leste: camiño veciñal asfaltado.

Oeste: predios particulares.

Descrición do perímetro.

Para describir esta parcela non é necesario rodea-lo seu perímetro xa que se pode apreciar desde calquera punto cómpre mencionar que os predios máis ó norte están cerradas cun muro de cachotería, mentras que os do sur e oeste teñen unhas marcas de pedra.

Nome do monte: Esquina de Paradela.

(Catastro 27-114).

Cabida: 0,05 ha.

Lindes:

Norte: estrada de Outeiro a Meiro.

Sur: camiño de Outeiro a Meiro (Santo Antoniño).

Leste: estrada e predio particular con cerre de cachotería.

Oeste: camiño.

Descrición do perímetro.

Trátase dun terreo existente entre unha encrucillada de camiños e unha estrada. Para describir esta parcela non é necesario rodea-lo seu perímetro xa que se aprecia desde calquera punto dela.

Nome do monte: Capoeiro.

(Catastro 33-355).

Cabida: 0,024 ha.

Lindes:

Norte: camiño de Meiro á Graña.

Sur: camiño de Meiro á Graña.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: camiño público da Graña.

Descrición do perímetro.

Trátase dunha encrucillada de camiños. Para describri esta parcela non é necesario rodea-lo seu perímetro xa que se aprecia desde calquera punto dela.

Nome do monte: Lagarteira de Riba.

(Catastro 36-1330).

Cabida: 0,023 ha.

Lindes:

Norte: predio particular con muro de pedra.

Sur: encrucillada de sendas e un camiño.

Leste: predio particular con muro de pedra.

Oeste: encrucillada de camiños.

Descrición do perímetro.

Trátase dunha encrucillada de camiños sobrante de vía pública. Para describir esta parcela non é necesario rodea-lo seu perímetro xa que se aprecia desde calquera punto dela.

Nome do monte: Lagarteira de Baixo.

(Catastro 36-1329).

Cabida: 0,011 ha.

Lindes:

Norte: camiño público.

Sur: propiedade privada.

Leste: camiño público.

Oeste: propiedade privada e camiño.

Descrición do perímetro.

Trátase dunha encrucillada de camiños sobrante de vía pública e moi rochoso. Para describir esta parcela non é neceario rodea-lo seu perímetro xa que se aprecia desde calquera punto dela.

Nome do monte: Golbada.

(Catastro 35-167).

Cabida: 0,02 ha.

Lindes:

Norte: camiño de Meiro a Catro Camiños.

Sur: propiedade privada con muro de pedra.

Leste: propiedade privada con muro de pedra.

Oeste: camiño.

Descrición do perímetro.

Trátase dun sobrante de vía pública e río do mesmo nome no medio. Para describir esta parcela non é necesario rodea-lo seu perímetro xa que se aprecia desde calquera punto dela.

Nome do monte: Cachadiña.

(Catastro 24-531).

Cabida: 0,02 ha.

Lindes:

Norte: encrucillada de camiños asfaltados.

Sur: camiño.

Leste: propiedades particulares (casas).

Oeste: encrucillada de camiños asfaltados.

Descrición do perímetro.

Trátase dun sobrante de vía pública entre camiños no medio de casas do Barrio de Meiro. Para describir esta parcela non é necesario rodea-lo seu perímetro xa que se aprecia desde calquera punto dela.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesado, para efectos de abril un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 9 de marzo de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

Presidente do xurado