Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se amplía o prazo de exposición ó público para formular alegacións ó estudio de efectos ambientais do proxecto de segunda fase do selado do vertedoiro do Zondal, sito no concello de Vigo (Pontevedra), sometido a información pública por Resolución do 18 de marzo de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 30 de marzo).

Por Resolución do 18 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (DOG número 61, do 30 de marzo, páxina 3.608), pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de segunda fase do selado do vertedoiro do Zondal, sito no concello de Vigo (Pontevedra) e promovido polo Concello de Vigo, resólvese que para os devanditos efectos informativos se porán á disposición dos administrados exemplares nas dependencias que nela se indican; e que as alegacións se formularán durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Dado que os exemplares do devandito proxecto non estaban expostos ó público, na totalidade das dependencias indicadas na citada resolución, na data a partir da que se podían examinar e formular

alegacións, cómpre amplia-lo prazo de exposición ó público e para formular alegacións sinalado nela.

En consecuencia,

RESOLVO:

Amplia-lo prazo de exposición ó público e para formular alegacións ó estudio de efectos ambientais do proxecto de segunda fase do selado do vertedoiro do Zondal, sito no concello de Vigo (Pontevedra), sometido a información pública por Resolución do 18 de marzo de 1999 (DOG número 61, do 30 de marzo), por un período de vinte días, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade

e Avaliación Ambiental