Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.482

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DO CARBALLIÑO

CÉDULA de requirimento (219/1998).

En virtude do acordado nos autos de procedemento do artigo 131 da Lei hipotecaria nº 219/1998, seguidos neste xulgado por instancia do Banco Simeón, S.A. representado polo procurador Prada Martínez, por esta cédula requírense os debedores Guillermo González Vázquez, Alberto Manuel González Vázquez e Fernándo González Vázquez para que no prazo de dez días lle paguen ó Banco Simeón, S.A. á suma que ascende a debeda: 4.792.684 pesetas de principal, 999.665 pesetas por xuros liquidados e non pagados ata o día 8 de xuño de 1998 e tódolos xuros que se devenguen desde esa data ata a cancelación do préstamo, máis 1.060.000 pesetas que se orzan provisionalmente para gastos e custas, sen prexuízo da ulterior liquidación.

E para que conste e para a súa inserción nos lugares públicos de costume, servíndolles de notificación e requirimento en forma ós demandados Guillermo González Vázquez, do que o último domicilio foi en Vigo, r/ Torrecedeira nº 103-3º B, Alberto Manuel González Vázquez, do que o último domicilio foi en r/ Chouzo nº 55 e Fernando González Vázquez, do que o último domicilio foi en Cenlle-Ourense, expido, selo e asino esta cádula no Carballiño o tres de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Virginia Antón Guijarro

Secretaria