Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.481

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DE VIGO

EDICTO (119/1999).

Eu, José Ramón Sánchez Herrero, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos de Vigo, fai saber que por providencia desta data se acordou iniciar expediente de xurisdicción voluntaria seguido ante este xulgado co número 00119/1999, promovido pola procuradora María José Toro Rodríguez en nome e representación de María Lidia Bernárdez Alonso, sobre declaración de falecemento de Silvio Bravo González, nacido en Aullo, Ourense, o día 27 de setembro de 1924. O devandito Sr. Bravo González casou con María Lidia Bernárdez Alonso o día 20 de xuño de 1954 e no ano 1955 emprendeu viaxe a Caracas, Venezuela; non se tiveron noticias súas desde o día 15 de novembro dese ano.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 2042 da Lei de axuizamento civil.

Vigo, tres de marzo de mil novecentos noventa e nove.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado