Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.469

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1999 pola que se inscribe a Asociación O Camiño Inglés no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación O Camiño Inglés, con data do 3 de marzo de 1999.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación O Camiño Inglés quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 097.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1999.

P.D.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo