Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 15 de abril de 1999 Páx. 4.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

EDICTO.

En cumprimento do disposto no artigo 52 da LEF/54 e consecuentes do seu Regulamento, declarada a urxente ocupación polo decreto 43/1999, do 11 de febreiro (DOG nº 40, do 26-2-1999) dos bens e dereitos afectados pola obra: beirarrúas e iluminación pública en Couso de Limia, fáiselles saber a tódolos interesados afectados por esta expropiación

que o décimo quinto día hábil seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, ás 12 da mañá e na casa do concello, sen prexuízo de desprazarse ó lugar onde está situada a palleira, procederase ó levantamento das actas previas á ocupación. Ata ese momento poderán formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes só para os efectos de corrixir posibles erros na relación de bens e dereitos afectados pola urxente ocupación.

ANEXO

Propietario: Manuel Rivero Fernández.

Bens: palleira situada en Couso de Limia.

Superficie: 80 m.

Extensión para expropiar: 36 m.

Sandiás, 9 de abril de 1999.

A alcaldesa

Rubricado