Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 15 de abril de 1999 Páx. 4.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 29 do PXOU Ponte Bolera.

No BOP número 54, do 22-3-1999, insírese anuncio deste concello no que se publica integramente

o proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 29 do PXOU Ponte Bolera, e que foi inicialmente aprobado pola Comisión de Goberno (delegación da Alcaldía do 15-7-1996) na sesión do pasado vintecinco de xaneiro, por instancia de José García Blanco, Carlos Romero García e Valentín González Dacal.

Durante o prazo de vinte días a partir da publicación deste anuncio, exporase ó público o proxecto de estatutos e de bases e o expediente incoado, na Unidade Municipal de Fomento deste concello (rúa Dona Tareixa), para que poida ser examinado por cantas persoas se consideren interesadas ou afectadas.

Nese período poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Pontevedra, 25 de marzo do 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral