Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle do soar sito na 1ª travesía da Travesía de Vigo (expediente 4874/411).

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 1 de marzo de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle do terreo sito na 1ª travesía da Travesía de Vigo, formulado por Promociones Chamadoira, S.L. e redactado polo arquitecto Carlos Ardid Posada, visado polo COAG con datas do 9 de xuño, 24 de xullo e 10 de setembro de 1998.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Vigo, 12 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo