Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de urbanización da prolongación da estrada do Cabo Estai (expediente 4104/401).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do día 2 de outubro de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da prolongación da estrada de Cabo Estai, pavimentación de senda peonil e remate de beirarrúas na rúa Arqui

tecto Antonio Cominges, en San Miguel de Oia, presentado por Aurelio Pérez Rodríguez e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Alberto Moreno García, con visado colexial do 23 de xullo de 1998. Someterase a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e a notificación persoal ós propietarios afectados.

O que se fai público para xeral coñecemento segundo o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia; indícase que o prazo de información pública se entederá aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde o derradeiro.

O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da casa do concello).

Vigo, 25 de novembro de 1998.

José Antonio Gil Sotres

Vicepresidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo