Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.282

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 30 de marzo de 1999 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan (Santiago de Compostela e dezaseis máis).

Considerando que o nomeamento de notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en

virtude do disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 20 de xaneiro de 1999 (BOE do 9 de febreiro), e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial; os decretos da Xunta de Galicia 351/1997, do 9 de decembro, 227/1998, do 10 de xullo, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los notarios que de seguido se relacionan para proveren as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Enrique Roger Amat, notario da Coruña, 1ª, para a notaría de Santiago de Compostela (A Coruña).

-Enrique Hernanz Vila, notario de Ciudad Rodrigo, 3ª, para a notaría de Ourense.

-Diego Pablo Cabañero Navarro, notario de Bembibre, 3ª, para a notaría de Vimianzo (A Coruña).

-Víctor José Peón Rama, notario de oposición 1997, para a notaría da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

-Javier Merino Gutiérrez, notario de oposición 1997, para a notaría da Fonsagrada (Lugo).

-Natalia Nieto Alba, notaria de Guitiriz, 3ª, para a notaría de Monterroso (Lugo).

-José María Gamallo Aller, notario de oposición 1997, para a notaría de Cuntis (Pontevedra).

-Demetrio Jiménez Orte, notario de oposición 1997, para a notaría de Friol (Lugo).

-José Antonio Gómez Paniagua, notario de oposición 1997, para a notaría de Meira (Lugo).

-José Periel Martín, notario de oposición 1997, para a notaría de Palas de Rei (Lugo).

-Carlos Manuel Parejo-Merino Parejo, notario de oposición 1997, para a notaría da Pontenova (Lugo).

-Cristina Mosquera Criado, notaria de Porto do Son, 3ª, para a notaría de Ortigueira (A Coruña).

-Francisco-Manuel Mariño Pardo, notario de Bande, 3ª, para a notaría de Mondoñedo (Lugo).

-José Ignacio Fernández Gutiérrez, notario de oposición 1997, para a notaría de Outes (A Coruña).

-Eloísa López-Monis Gallego, notaria de oposición 1997, para a notaría de Viana do Bolo (Ourense).

-María de los Reyes Sánchez Moreno, notaria de oposición 1997, para a notaría de Castroverde (Lugo).

-Angel Manuel Rodríguez Dapena, notario de oposición 1997, para a notaría de Forcarei (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 30 marzo de 1999.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais