Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.282

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da adhesión do convenio colectivo da empresa Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo ó convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Vigo.

Visto o texto da acta de adhesión do convenio colectivo da empresa Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo, ó convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Vigo, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-2-1999, subscrita pola representación económica e social do Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo, con data do 21-1-1999, esta delegación provinical ó abeiro do disposto no artigo 92.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de marzo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo dos empregados integrados no cadro de persoal do Concello de Vigo

NOTA: o texto do convenio é o publicado entre a páxina 4.268 e a 4.281.