Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.225

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 24 de marzo de 1999 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña Verán Galicia-99 que se desenvolverá nas instalacións xuvenís de Galicia.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, leva a cabo o programa Fomento da actividade xuvenil; entre os seus obxectivos figura a promoción e organización de actividades de animación sociocultural destinadas á xuventude no ámbito do ocio e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, e consciente esta consellería da importancia que ten o feito de facilitar canles polas que a mocidade poida participar nese tipo de actividades, este ano, do mesmo xeito que en anos anteriores, convócase a Campaña Verán Galicia-99.

A oferta da Campaña Verán Galicia-99 comprende actividades en albergues, campamentos, campos de traballo voluntarios, rutas turístico-culturais e deportivas e outras relacionadas co ocio e o tempo libre, cun carácter convivencial, todas elas dirixidas a mozos e mozas individualmente considerados.

O obxecto da Dirección Xeral de Xuventude con esta campaña é o de atende-la demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do ocio e o tempo libre, utilizando para este fin as instalacións e medios de que dispón o dito centro xestor.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Co obxectivo de facilitarlle á xuventude a participación en actividades de tempo libre, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, oferta un plan xeral de actividades que se detalla no anexo I da presente orde.

Este plan xeral de actividades desenvolverase en virtude do uso preferente das instalacións xuvenís pola Dirección Xeral de Xuventude e sen prexuízo da reserva correspondente de prazas para o uso destas en réxime de oferta concertada (Orde do 19 de febreiro de 1999), e para alberguistas.

Nos servicios e oficinas locais de Xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, na oficina TIVE-Santiago, nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e nas oficinas de información administrativa e atención ó cidadán, os interesados poden solicitar folletos informativos da convocatoria da presente campaña, onde se detalla unha información ampla sobre cada actividade e da instalación xuvenil onde se vai levar a cabo.

Artigo 2º.-Servicios ofertados.

A oferta da Campaña Verán Galicia-99 supón a inscrición individual, permitíndolle ós participantes dispoñer dos seguintes servicios:

1. Un programa de actividades de carácter socio cultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do mozo.

2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

3. Manutención en réxime de pensión completa.

4. O material necesario para a actividade.

5. Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre.

6. Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

Artigo 3º.-Participantes.

De acordo coas prazas dispoñibles, poderán solicita-la súa participación nas actividades programadas os mozos e mozas de ata 30 anos, segundo se especifica para cada actividade no anexo I desta orde.

En canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase ter en conta:

1. As idades mínimas que se especifican para cada actividade entenderanse cumpridas durante o ano 1999, agás nos casos en que a idade mínima sexa os 18 anos, en que se entenderán cumpridos antes do comezo da actividade.

2. En relación ó tope máximo de idade establecido para cada actividade, os solicitantes cunha idade que coincida coa establecida como idade máxima para participar na actividade solicitada, deberán tela o 1-7-1999 para aquelas que se desenvolvan en xullo e o 1-8-1999 para as que se desenvolvan en agosto.

Non se admitirán aquelas solicitudes nas que o solicitante non cumpra os ditos requisitos de idade para a actividade solicitada.

Artigo 4º.-Quenda.

As quendas de actividades terán unha duración de 7 ou 14 días, segundo a modalidade da actividade, e desenvolveranse durante os meses de xuño, xullo e agosto.

Artigo 5º.-Solicitudes.

1. As solicitudes deberán formularse no impreso que se indica no anexo II desta orde. Cada mozo unicamente poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude. (Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I desta orde).

2. As solicitudes dirixiranse á directora xeral de Xuventude, e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Así mesmo, admitiranse aquelas solicitudes que se reciban a través dos seguintes medios:

-A través da rede Internet na páxina con dirección (u.r.l.) http://www.xunta.es/adm/campalbe.htm.

O interesado será responsable da seguridade dos datos incluídos na solicitude ata que non se almacenen na base de datos da Xunta de Galicia.

-Ou ben, por fax ós números indicados no anexo IV desta orde.

Neste caso, na instancia farase figurar necesariamente un número de teléfono ó que poder chamar no suposto de que houbese que emendar calquera erro na solicitude ou na súa recepción.

O interesado poderá comproba-la recepción da súa solicitude a partir do 7 de maio no Teléfono Xove 902 15 25 35.

Artigo 6º.-Prazo.

O prazo de solicitude iniciarase o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de abril de 1999.

Artigo 7º.-Adxudicación de prazas.

A adxudicación realizarase da seguinte forma:

1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

O sorteo realizarase o día 13 de maio de 1999 nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Santiago de Compostela.

A Dirección Xeral de Xuventude fará público o resultado do sorteo e confeccionará a correspondente lista de admitidos para cada quenda e actividade. As ditas listas serán expostas o día 17 de maio na Dirección Xeral de Xuventude, no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros e servicios de Xuventude das súas delegacións provinciais, e no Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán de Santiago de Compostela.

Artigo 8º.-Documentación.

Os participantes seleccionados deberán presentar na Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia onde se vaia desenvolve-la actividade, ou na Dirección Xeral de Xuventude, no caso das actividades pluriprovinciais (que se desenvolven en dúas ou tres instalacións), no prazo de dez días contados desde o día seguinte ó da data de exposición das listas, a seguinte documentación:

-Xustificante de pagamento (impreso oficial).

-Fotocopia do DNI ou da páxina correspondente do libro de familia.

-Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico.

-Cuestionario médico-sanitario (anexo III).

-Declaración xurada de que sabe nadar, só para os participantes en actividades de náutica: vela, táboa, esquí acuático, piragüismo e kayak polo.

-Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade e de estar apto para participar na actividade.

No caso contrario, decaerá a adxudicación realizada e pasará a oferta pública, aplicándose o procedemento disposto no artigo 9º desta orde.

Artigo 9º.-Adxudicación das prazas de resultas.

1. As prazas que non se cubrisen polo procedemento de adxudicación establecido no artigo 7º, así como as vacantes que se produzan, xa sexa por renuncia do interesado ou por non presenta-la documentación referida no artigo 8º desta orde en prazo, adxudicaranse por adxudicación directa segundo se vaian solicitando.

Para estes efectos, no período comprendido do día 7 ó 9 de xuño poderán solicita-las prazas vacantes todos aqueles solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo.

Transcorrido o dito período, as prazas vacantes que se produzan poderán ser solicitadas por calquera persoa interesada, sempre e cando cumpra as limitacións de idade ás que fai mención o artigo 4º desta orde.

2. Para solicita-las prazas de resultas, o interesado poderá efectua-la oportuna reserva de praza, no caso de que existan vacantes, persoalmente ou por teléfono a través de calquera servicio de Xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou da Dirección Xeral de Xuventude.

Unha mesma persoa non poderá reservar máis dunha praza. A reserva de prazas poderase efectuar en horario de 9 a 14 horas, en días laborables agás sábados.

3. Unha vez efectuada a reserva de praza, o interesado disporá dun prazo de 48 horas para presenta-lo impreso que se indica no anexo II desta orde debidamente cuberto, e a documentación relacionada no artigo 8º. Os solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo non terán que presenta-lo anexo II. Esta documentación poderá presentala en calquera das oficinas anteriormente relacionadas. No caso contrario, perderá o dereito á praza reservada.

4. No anexo IV indícanse os enderezos e os teléfonos e fax das oficinas administrativas a través das que poderá efectuarse a oportuna reserva de praza, para os efectos do disposto neste artigo.

Artigo 10º.-Prezos.

Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I, e están establecidos de acordo co disposto no punto A.2 do anexo I da Orde do 2 de xaneiro de 1999, pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de Xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1999 (DOG nº 4 , do 8 de xaneiro).

Artigo 11º.-Devolucións de cota.

1. Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente o interesado non puidese asistir á actividade, só terá dereito á devolución deste no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución do prezo aboado polo menos vinte días antes do inicio da actividade, salvo causa de forza maior que impida a participación na actividade. Esta última circunstancia deberá acreditarse documentalmente e será valorada polo órgano encargado de resolve-la solicitude.

2. Para estes efectos haberá á disposición dos interesados un modelo normalizado de solicitude de devolución de cota de participación na Dirección Xeral de Xuventude e nos servicios de xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

3. A solicitude deberá dirixirse ó delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia onde se vai desenvolve-la actividade, ou á directora xeral de Xuventude no caso das actividades que se desenvolvan en máis dunha provincia, que serán os órganos encargados de resolver en cada caso.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

Campamentos de Verán-99

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte

praza

Nº código

Res. Xuv. Altamar

Res. Xuv. F. L. Cuevillas

Alb. Xuv. Marina Española

Ruta «Coñece Galicia»1-14/8/9915-17

23.000150001

Alb. Xuv. Irmáns Pedrosa

Res. Xuv. Altamar

Res. Xuv. Monte do Gozo

Ruta «Coñece Galicia»1-14/08/9918-2223.000150002

Alb. Xuv. Gandarío

Camp. Xuv. Os Chacotes

Mar e natureza4-17/07/9915-1716.800150003

Camp. Xuv. A Devesa

Camp. Xuv. O Chanto

Mar e natureza4-17/07/9911-1316.800150004

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte

praza

Nº código

Camp. Xuv. A Devesa

Camp. Xuv. Os Chacotes

Mar e natureza18-31/07/9915-1716.800150005

Camp. Xuv. Illa de Ons

Camp. Xuv. P. de Xacinto

Mar e natureza1-14/08/9913-1516.800150006

Alb. Xuv. Mariña EspañolaA miña primeira26/06-3/07/999-1010.700150101

aventura3-10/07/999-1010.700150102

10-17/07/999-1010.700150103

17-24/07/999-1010.700150104

24-31/07/999-1010.700150105

Deporte e recreación1-14/08/9913-1421.000150106

15-28/08/9911-1221.000150107

Alb. Xuv. Gandarío13-1423.000150201

4-17/07/9915-1723.000150202

Actividades do mar:18-31/07/9913-1423.000150203

Vela, táboa e aula11-1223.000150204

Natureza mariña1-14/08/9915-1723.000150205

15-28/08/9913-1423.000150206

15-1723.000150207

Camp. Xuv. FurelosCabalgando na natureza27/06-9/07/9913-1419.950150301

11-23/07/9915-1719.950150302

En bicicleta e cabalo polo7-17/08/9916-1719.950150303

camiño francés12-22/08/9916-1719.950150304

Camp. Xuv. Virxe de LoretoEncontro interautonómico4-17/07/9913-1416.800150401

pola compostelá1-14/08/9915-1716.800150402

Camp. Xuv. EspiñeiraAventura na natureza4-17/07/9911-1216.800150501

18-31/07/9911-1216.800150502

Alb. Xuv. AreaActividades do mar: vela4-17/07/9913-1427.250270101

e táboa, esquí acuático18-31/07/9915-1727.250270102

e aula natureza mariña1-14/08/9915-1727.250270103

15-28/08/9913-1427.250270104

Alb. Xuv. Benigno QuirogaA nosa aventura:27/06-4/07/999-1110.700270201

iniciación ó deporte da4-11/07/999-1110.700270202

Vela e do11-18/07/999-1110.700270203

piragüismo18-25/07/999-1110.700270204

25/07-1/08/999-1110.700270205

Camp. Xuv. A DevesaEncontro interautonómico4-17/07/9914-1716.275270301

Camp. Xuv. O ChantoA nosa aventura18-24/07/999-108.400270401

25-31/07/999-108.400270402

Camp. Xuv. Os ChacotesDeporte e natureza1-14/08/9910-1316.800270501

Camp. Xuv. P. de XacintoAventura e deporte4-17/07/999-1116.800320101

18-31/07/9912-1416.800320102

Res. Colexio Pablo VIPiragüismo4-17/07/9912-1323.000320201

18-31/07/9914-1523.000320202

Alb. Escola VilamarínGranxa agro-gandeira4-17/07/999-1121.950320301

18-31/07/9911-1321.950320302

Alb. Xuv. O CorgoPiragüismo e remo4-17/07/9914-1523.000320401

18-31/07/9912-1323.000320402

1-14/08/9914-1523.000320403

Alb. Xuv. Vilamartín de ValdeorrasA nosa aventura4-17/07/9911-1321.000320501

18-31/07/9913-1521.000320502

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte

praza

Nº código

Alb. Xuv. As SinasActiv. do mar: vela, dorna,4-17/07/9913-1523.000360101

Táboa e aula natureza mariña18-31/07/9914-1723.000360102

Actividades do mar: vela,1-14/08/9913-1523.000360103

táboa e aula natureza mariña15-28/08/9914-1723.000360104

Actividades do mar:4-17/07/9913-1523.000360105

piragüismo, kayak polo e aula18-31/07/9914-1723.000360106

natureza mariña1-14/08/9913-1523.000360107

15-28/08/9914-1723.000360108

Camp. Xuv. PontemarilAventura na natureza4-17/07/999-1116.800360201

18-31/07/9910-1216.800360202

1-7/08/999-128.400360203

8-14/08/999-128.400360204

Camp. Xuv. Illa de OnsAventura na illa4-17/07/9911-1316.800360301

18-31/07/9911-1316.800360302

Camp. Xuv. AgoladaAventura no mundo rural4-17/07/9912-1416.275360401

18-31/07/9911-1316.275360402

Campos de traballo-99

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte

praza

Nº código

Alb. xuvenil GandaríoCampo de traballo4-17/07/9915-1710.000 ptas.150208

Rehabilitación igrexa Bergondo 18-31/07/9915-1710.000 ptas.150209

e ambiente1-14/08/9915-1710.000 ptas.150210

Campo de traballo de VilarbóCampo de traballo18-31/07/9923-3010.000 ptas.150601

Ambiente1-14/08/9918-2210.000 ptas.150602

15-28/08/9923-3010.000 ptas.150603

Campo de traballo de Lagos de TeixeiroRehabilitación área recreativa1-15/07/9918-2210.000 ptas.270601

e ambiente18-31/07/9915-1710.000 ptas.270602

1-14/08/9923-3010.000 ptas.270603

15-28/08/9923-3010.000 ptas.270604

Campo de traballo de MonterrosoAmbiente1-15/07/9918-2210.000 ptas.270701

16-30/07/9918-2210.000 ptas.270702

Campo de traballo de MonforteAmbiente1-15/07/9915-1710.000 ptas.270801

16-30/07/9918-2210.000 ptas.270802

2-16/08/9918-2210.000 ptas.270803

17-31/08/9923-3010.000 ptas.270804

Alb. Xuv. Ribas de SilCampo de traballo18-31/07/9918-2210.000 ptas.320602

Ambiente e arqueoloxía1-14/08/9918-2210.000 ptas.320603

15-28/08/9918-2210.000 ptas.320604

Campo de Traballo de A PeroxaAmbiente18-31/07/9923-3010.000 ptas.320701

1-14/08/9918-2210.000 ptas.320702

Campo de Traballo O CorgoAmbiente15-28/08/9918-2210.000 ptas.320801

Camp. xuvenil PontemarilCampo de traballo1-14/08/9918-2210.000 ptas.360501

Restauración e ambiente15-28/08/9923-3010.000 ptas.360502

Camp. Xuv. A Illa de OnsCampo de traballo4-17/07/9918-2210.000 ptas.360601

Ambiente18-31/07/9923-3010.000 ptas.360602

1-14/08/9923-3010.000 ptas.360603

15-28/08/9918-2210.000 ptas.360604

Camp. Xuv. Illas CíesCampo de traballo Ambiente4-17/07/9918-2210.000 ptas.360701

18-31/07/9923-3010.000 ptas.360702

1-14/08/9918-2210.000 ptas.360703

15-28/08/9923-3010.000 ptas.360704

ANEXO IV

-Dirección Xeral de Xuventude:

Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 3-1º, 15771 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 48 67. Fax: 981 54 58 43.

-Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude:

Enderezo: Avda. do Exército, 2-1º, 15006 A Coruña.

Teléfono: 981 22 65 50. Fax: 981 18 57 02.

-Servicio de Xuventude da Coruña:

Enderezo: rúa Durán Loriga, 9, 15003 A Coruña.

Teléfono: 981 22 65 50. Fax: 981 22 13 36.

-Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Servicio de Xuventude:

Enderezo: Ronda Muralla, 70, 27071 Lugo.

Teléfono: 982 29 43 52. Fax: 982 29 43 39.

-Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude:

Enderezo: rúa Camiño Vello. Prado Lonia, s/n, 32004 Ourense.

Teléfono: 988 38 61 20. Fax: 988 38 60 87.

-Servicio de Xuventude Ourense:

Enderezo: Avda. Habana, 81 baixo, 32004 Ourense.

Teléfono: 988 38 61 20. Fax: 988 38 61 19.

-Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Servicio de Xuventude:

Enderezo: rúa María Berdiales, 20, 36203 Vigo.

Teléfono: 986 81 70 78. Fax: 986 81 70 82.

-Oficina local de Pontevedra:

Enderezo: Benito Corbal, 47-2º, 36001 Pontevedra.

Teléfono: 986 80 55 32. Fax: 986 80 55 54.