Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/212-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Enderezo social: rúa Mancebo, 6, 15600 Pontedeume.

Denominación: L.M.T., C.T. Ría de Ares.

Situación: Pontedeume.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 330 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que entronca na L.M.T. Subt. a C.T. Urb. Villanueva, entra e sae no C.T. que se vai construír na rúa Ría de Ares. C.T. tipo interior de 250 kVA a 15.000±2,5-5%/398-230 V. Concello de Pontedeume.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 3 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña