Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/197-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Moreiras.

Situación: Ortigueira.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 663 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 10 da liña Mera-Bares (expediente 5365) e remate no C.T. Rubido, que se vai instalar de 16 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 2 da liña a C.T. Rubido e remate en C.T. Rosario. Centros de transformación aéreos nos lugares de Rubido e Rosario, de 50 kVA/u e tensións de 20/0,380-0,222 kV. Redes de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 275 m desde o C.T. Rubido, de 770 m desde o C.T. Rosario,

de 400 m desde o C.T. Moreiras, de 180 m desde o C.T. Picón. Ortigueira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 3 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña