Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.043

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o persoal laboral do S.N. de CC.OO. de Galicia.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico para o persoal laboral do S.N. de CC.OO. de Galicia, (código de convenio nº 8200502), que se subscribiu con data do 25 de setembro de 1998, entre a representación da comisión executiva do S.N., e a representación do cadro de persoal do S.N. de CC.OO, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo para o persoal laboral do S.N. de CC.OO de Galicia. Anos 1998-1999

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal, territorial e funcional.

O presente convenio regula as condicións de traballo do persoal asalariado dependente do S.N. de CC.OO. de Galicia, sen máis excepcións que as previstas pola lei. Así mesmo, queda excluída expresamente a aplicación deste convenio a tódalas persoas que sexan elixidas polo congreso, consello ou órgano respectivo para tarefas sindicais, sempre e cando lles sexa recoñecida a categoría de sindicalistas, colaboradores sindicais ou similares.

Artigo 2º.-Normativa aplicable e supletoria.

Tódalas materias que son obxecto de regulación no presente convenio substitúen as disposicións pactadas con anterioridade. Para o non previsto, rexerá o disposto no ET e demais normas legais e regulamentadas que conformen a lexislación vixente, sen que en ningún caso ningún traballador ou traballadora poida verse prexudicado.

Non obstante, todos aqueles conceptos reributivos que se viñeran percibindo e que non aparezan recollidos no presente convenio, respectaranse como

complemento persoal transitorio, que será absorbido polos incrementos retributivos derivados de futuras revisións salariais.

Tódalas materias que son obxecto de regulación neste convenio pasan automaticamente a incorporase ó Estatuto de persoal do S.N.

Artigo 3º.-Vixencia, duración e denuncia.

O presente convenio entrará en vigor o 1-1-1998, independentemente da súa publicación no DOG, e terá nha duración de dous anos, expirando polo tanto o 31-12-1999.

Este convenio queda denunciado automaticamente dous meses antes da súa finalización. Mentres non se produza a sinatura dun novo, este manterá a súa vixencia.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas constituúen un todo orgánico indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

Capítulo II

Clasificación profesional

Artigo 5º.-Categorías.

As categorías existentes no S.N. de CC.OO. de Galicia son as que a continuación enumeramos:

-Coordinador/a.

-T1. Titulado/a superior.

-T2. Titulado/a superior.

-Titulado/a medio, asesor/a.

-Colaborador/a administrativo.

-Oficial administrativo/a.

-Auxiliar administrativo/a.

-Limpador/a.

Definición das categorías.

-Coordinador-coordinadora: son as persoal con titulación superior que teñen, ademais do traballo e da responsabilidade do seu cargo, a tarefa de coordinar a nivel nacional a tódolos compañeiros e compañeiras responsables da área da cal se ocupan. Serán nomeados pola Comisión Executiva do Sindicato Nacional.

-T1. Titulado/a superior: son as persoas traballadoras que posúen un título de grao superior, licenciatura, etc., e que reúnen os requisitos legalmente esixidos para o exercicio da súa profesión (así como unha experiencia mínima demostrada, no exercicio da súa profesión), para a cal son ou están contratados (xa sexa mediante contratación directa ou por promoción) para exerceren as funicóns específicas para as que esta titulación os habilita.

-T2. Titulado/a superior: son as persoas traballadoras que posúen un título de grao superior, licenciatura, ete., e que reúnen os requisitos legalmente esixidos para o exercicio da súa profesión, para a

cal son ou estan contratados (xa sexa mediante contratación directa ou por promoción) para exerceren as funcións específicas para as que esta titulación os habilita. (Esta categoría non require experiencia previa).

-Titulado/a medio: son as persoas traballadoras que posúen un título ou diploma oficial de grao medio e reúnen os requisitos legalmente esixidos para o exercicio da súa profesión, para a cal son ou están contratadas (xa sexa mediante contratación directa ou por promoción) para exerce-las funcións específicas para as que a dita titulación os habilita.

As categorías antes sinaladas serán desenvolvidas con carácter de dedicación exclusiva.

-Asesor/a: son as persoas traballadoras que coa titulación oficial axeitada -ou que carecen dela, pero con coñecementos e experiencia suficientes en lexislación social e problemática sindical- realizan tarefas de asistencia, coordinación e apoio ó gabinete xurídico.

-Colaborador/a administrativo: son as persoas traballadoras que con total coñecemento da súa profesión, autonomía e responsabilidade teñen ó seu cargo un servicio determinado, no que realizan tarefas de asistencia, coordinación e apoio ás respectivas direccións das que dependan. Levan a cabo, entre outras:

* Organización do traballo administrativo, segundo a lexislación vixente, as normas establecidas ou a indicación de superiores.

* Xestión interna ou externa da documentación laboral, comercial, administrativa ou de calquera outra natureza que lles chegue do persoal de organización, organismos oficiais e empresas privadas.

* Redacción, mecanografado, tramitación e comprobación de impresos ou documentos, así como rexistro, arquivo ou custodia, segundo as normas establecidas.

* Manexo de equipos informáticos dos programas necesarios para as tareafas encomendadas.

* Supervisión de redes informáticas, adminstración de correo electrónico e dominio dos distintos programas utilizados.

-Oficial administrativo/a: son as persoal traballadoras que, con inciativa e responsabilidade restrinxidas, realizan as seguintes funcións:

* Organización de traballo administrativo en canto a cobramento, pagamento, localización, elaboración e comprobación de datos para a confección de informes, blances, levar libros de banco e caixa, etc. Sempre segundo a lexislación vixente, as normas establecidas ou as indicacións de superiores.

* Xestión interna ou externa de documenación laboral, comercial e administrativa o de claquera outra natureza que lles sexa encomendada por: persoal da organización, organismos oficiais e empresas privadas.

* Mecanografado de todo tipo de documentos e impresos.

* Manexo de equipos informáticos.

* Realización de traballos administrativos derivados das asesorías xurídicas.

* Atención da central de teléfonos ou outros equipos de comunicación, anotación e traslado dos avisos que reciba, levando control administrativo da súa utilización.

* Manexo e contro do funcionamento das máquinas de reprografía.

-Auxiliar administrativo/a: son as persoas traballadoras que, con coñecementos básicos da súa profesión e baixo a supervisión dun mando ou persoal de categoría superior, colabora con estes, realizando as tarefas administrativas elementais para o correcto funcionamento da unidade.

As funcións que realizarán serán:

* Mecanografado de correspondencia, información, etc.

* Realización de cálculos sinxelos.

* Rexistro, clasificación e arquivo da documentación que se reciba e xera, seguindo as normas establecidas en cada caso.

* Manexo de equipos informáticos.

* Atención da central de teléfonos ou outros equipos de comunicación, anotación e traslado dos avisos que reciba, levando control administrativo da súa utilización.

* Manexo e control do funcionamento das máquinas de reprografía.

-Limpador/a: son as persoas traballadoras que realizan as tarefas de limpeza e aseo dos locais así como do mobiliario deles.

Dados os cambios que se están a producir no desenvolvemento das tarefas de traballo administrativo e similares, acórdase establecer unha comisión de traballo con representación paritaria, coa finalidade de clarexar e modificar, se for preciso, o actual sistema de clasificación e definición das categorías profesionais.

Capítulo III

Contratación

Artigo 6º.-Contratación.

En virtude do principio de causalidade no emprego, a contratación que se realice para un posto de traballo fixo será cun contrato fixo. Poderán realizarse contratos temporais para cubri-las vacantes ou os postos de traballo de nova creación, de carácter temporal.

Poderanse, así mesmo, concertar contratos de xornada reducida; neste caso, as condicións económicas estarán en proporción co tempo traballado.

Períodos de proba.

Establécense os seguintes períodos de proba:

Persoal administrativo: 30 días.

Persoal técnico e profesional: 6 meses.

Capítulo IV

Promoción profesional e ascensos

Artigo 7º.-Comunicación da contratación a comités de empresa ou delegados e delegadas de persoal.

As partes comprométense a cumpri-lo previsto na normativa legal vixente en todo o relativo ós dereitos de información da representación dos traballadores e traballadoras en materia de contratación. A dirección do sindicato informará o comité de empresa ou os delegados e delegadas de persoal das vacantes e/ou postos de nova creación, do perfil aplicable ós candidatos e candidatas e mais da categoría.

Artigo 8º.-Procedemento de ascensos e acceso ós postos de traballo.

Será requisito preceptivo paa cubri-las vacantes ou os postos de nova creación que se produzan, independentemente de cal sexa o itpo de contrtación, a preparación dunha convocatoria interna que permita a promoción e, se é o caso, o acceso a eses postos do persoal do S.N.

Na dita convocatoria interna, reservada ó persoal do S.N., poderán participar tódolos traballadores e traballadoras que se atopen de alta no momento da convocatoria independentemente do seu carácter fixo ou temporal.

Unha vez realizada esta convocatoria, se o posto de traballo non foi cuberto, sacarase a convocatoria externa.

Artigo 9º.-Composición da comisión de exames ou probas de selección de acceso ou ascenso.

Para a selección do persoal que teña que contratarse ou promocionarse, e a realización das porbas obxectivas que teñen que pasar, constituirase unha comisión ou tribunal (que terá como norma fundamental os principios de igualdade, mérito e capacidade) do cal formarán parte:

Un membro da C.E. do S.N. ou alguén desingado por esta.

O responsable da secretaría ou departamento para o que teña que presta-los servicios o contratado ou a persoa en quen el delegue.

Un membro do comité elixido polo dito órgano.

De xeito excepcional, poderán formar parte desta comisión os que decidan os membros desta.

Na avaliación técnica para o posto de titulados superior e medio non intervirá esta comisión.

Artigo 10º.-Promoción e ascensos.

O cambio de categoría realizarase mediante concurso oposición, como se explica no artigo 8º do presente convenio.

Artigo 11º.-Mobilidade funcional.

Por criterio de racionalización do traballo e co obxectivo de dar plena ocupación a cada traballador e traballadora dentro do plan global organizativo, estes poderán ser cambiados de posto de traballo dentro da mesma categoría profesional, sempre que isto non comporte traslado de residencia e respectando as condicións contractuais existentes.

Cando un traballador ou traballadora realice funcións de superior categoría, percibia o salario correspondente a esta última mentres desempeñe as ditas funcións.

Cando un traballador ou traballadora realice funcións de inferior categoría, percibia o salario correspondente á categoría que posúe.

Capítulo V

Xornada, calendario, horario, vacacións, permisos e excedencias

Artigo 12º.-Xornada laboral e horario.

A xornada será de 1.684 horas anuais.

Horario.

A xornada laboral distribuirase do seguinte xeito:

De luns a xoves, de 9.30 a 14 horas e de 16.30 a 20 horas.

Os venres, de 9.30 a 14 horas e de 16.30 a 19 horas.

No período que vai do 15 de xuño ó 14 de setembro realizarase xornada continuada en horario de 8 a 15 horas.

No caso de que un festivo local caese en sábado, as traballadoras e traballadores afectados desfrutarán de este festivo outro día laboral, entendéndose como tal de luns a venres.

Crearase unha comisión de traballo de composción paritaria que estudie e analice o impacto de posibles modificacións na distribución da xornada laboral.

Artigo 13º.-Vacacións.

O persoal laboral do Sindicato Nacional terá dereito ó gozo de 23 días laborais (excluíndo sábados, domingos e festivos), que poderán reunir nun só período ou nun máximo de dous, en concepto de vacacións.

O período de vacacións gozarase preferentemente no período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de agosto.

As excepcionalidades resepcto ó seu uso serán estudiadas entre os representantes dos traballadores e a dirección do sindicato, evitando rompe-la normalidade no servicio.

En caso de baixa por enfermidade ou accidente durante o período de vacacións, estas quedarán suspendidas ata a reincorporación (alta IT), e poderanse gozar en calquera mes do ano.

O calendario de vacacións, elaborado entre a organización correspondente e o persoal traballador desta, deberá estar aprobado no primeiro trimestre do ano.

Artigo 14º.-Permisos.

a) Retribuídos.

Todo traballador e traballadora, avisando coa antelación posible, terá dereito a permisos retribuídos polas seguintes causas:

-Tres días en caso de falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe ou compañeira/o con quen conviva, nais, pais, fillos/as, irmás ou irmáns, avós ou avoas, netos/as do afectado e da persoa con quen conviva. Polo tempo necesario no caso de que o enfermo ou falecido (segundo o caso) resida fóra do concello de residencia do traballador ou traballadora.

-O traballador ou traballadora terá dereito ós períodos necesarios de ausencia do traballo, remunerados, cando decida someterse a técnicas de fecundación asistida.

-No mesmo sentido, concederanse os permisos precicos para a asistnecia a ximnasia de preparación para o parto.

-Tres días laborais por parto ou adopción.

-Un día laboral no caso de matrimonio ou inicio de vida en común de fillos/as, pais, nais, irmáns ou irmás. Non se computarán os días de viaxe no suposto de que sexa nun concello distinto do de residencia do traballador ou traballadora.

-As traballadoras e traballadores, por lactación dun fillo/a menor de 9 meses, terán dereito a dúas horas diarias, que poderán ser fraccinadas en dous períodos de unha hora ou nun só período de dúas horas. No caso de que o pai e a nai traballen no mesmo centro terán que elixir unha ou outro.

-Polo tempo necesario, en casos de consulta médica ou acompañamento non habitual de familiar de 1º grao.

-Un día por mudanza e dous se esta é fóra do concello de traballo.

-20 días naturais no caso de matrimonio ou decisión formal da parella de vida en común.

-Para asuntos propios establécense 5 días retribuídos ó ano. Teranse que gozar dentro do ano natural.

-Serán días libres retribuídos para todo o cadro de persoal do S.N., o 24 e 31 de decembro.

-Polo tempo indispensable, incluíndo o desprazamento, para exames para a obtención dun título.

-Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público.

-Os traballadores e traballadoras afectados por drogodependencias terán un permiso retribuído polo tempo que requira segui-lo tratamento prescrito, sempre no caso de non lles seren recoñecida a IT,

e sempre que fagan efectivo o compromiso de incorporárense a programas de desintoxicación e deshabituación.

b) Garda legal.

Quen por razón de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade de duración daquela. No caso de diminuído físico ou psíquico recoñecido como tal pola Seguridade Social, que non desempeñe actividade retribuída, a diminución da xornada poderá estenderse entre un mínimo dunha hora e un máximo da metade daquela.

c) Permisos non retribuídos.

O persoal laboral que leve un mínimo dun ano no sindicato terá dereito a solicita-lo permiso sen salario por un máximo de 30 días, unha soa vez ou en dúas fraccións no ano, e terá que ser outorgado pola dirección do sindicato salvo que non resulte factible por notorias necesidades do servicio.

En caso de enfermidade grave e dilatada dun familiar de 1º grao, disporase dos días necesarios de permiso sen soldo e deberanse xustifica-las ausencias ó traballo.

Artigo 15º.-Excedencias.

A petición de excedencia tramitarase por escrito á C.E. do S.N. de CC.OO. de Galicia, co tempo necesario para resolve-lo que proceda.

a) Voluntarias.

Tódalas persoas asalariadas do S.N. que teñan máis dun ano de antigüidade poderán solicitar unha excedencia cunha duración que non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a cinco anos. A dita excedencia entenderase sempre concedida sen dereito a percibir retribución ningunha e sen que no período de excedencia compute para efecto ningún.

O dereito de excedencia só poderá volver ser gozado polo mesmo traballador ou traballadora se transcorreron tres anos desde o final da anterior excedencia.

A petición de reingreso, que deberá ser comunicada como mínimo cun mes de antelación, será automática.

b) Forzosas.

Pasarase á situación de excedencia forzosa, que implicará o reingreso automático no posto de traballo anterior á súa concesión, polas seguintes causas:

-Servicio militar, PSS ou insubmisión. Non obstante, os traballadores que se encontren cumprindo a PSS ou servicio militar, non pasarán á situación de excecencia forzosa cando poidan compaxina-lo horario de traballo coa prestación do servicio. Neste caso facilitaráselle ó traballador a adecuación ou modificación da xornada de traballo. En calquera dos casos, non superará a media xornada. Se o tra

ballador non puidese compaxina-lo horario de traballo coa prestación do servicio pasará á situación de excedencia forzosa.

-Nomeamento por cargo público (nesta designación é necesario a publicación no diario oficial), sindical (de ámbito comarcal ou superior) ou político ( de ámbito provincial; neste caso requírense procesos electorais regulamentados por lei).

c) Especiais.

Por solicitude do traballador ou traballadora, e cos mesmos efectos da excedencia forrzosa, polos seguintes motivos:

-Para atende-lo coidado dos fillos e fillas. Esta excedencia só poderá ser utilizada polo pai ou a nai pero non por ámbolos dous, e por un período máximo de tres anos.

-A notificación de cesaren as causas que motivaron a concesión da excedencia forzosa, deberá realizala o traballador ou traballadora ó S.N. dentro dos trinta días seguintes a que se dea esta circunstancia. De non se producir esta notificación, o S.N. declarará o traballador ou traballadora en situación de excedencia voluntaria de acordo co parágrafo anterior.

Capítulo VI

Retribucións

Artigo 16º.-Salarios.

Os salarios establecidos para o persoal do S.N. de CC.OO. de Galicia son os que figuran na táboa anexo I.

Establécese un complemento denominado gratificación familiar de 1.000 pesetas para os traballadores e traballadoras con fillos en idade escolar, e de 2.000 pesetas cando non traballe o seu cónxuxe. Estes importes aboaranse en 14 pagas. Será aboado na súa totalidade, independentemente da súa xornada laboral, ben traballen a xornada completa ou ben teñan esta reducida.

Artigo 17º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas pagas extras: a de xullo (aboable o 30 de xuño) e a de decembro (aboable do 1 ó 15 de decembro). Por elección de cada traballador ou traballadora, estas pagas poderán ser cobradas de xeito rateado durante os doce meses do ano.

Artigo 18º.-Axudas de custo e desprazamentos.

A persoa asalariada que por necesidades organizativas ou sindicais, -segundo a orientación do órgano sindical do cal depende- teña que se desprazar a poboacións distintas daquela onde ten o seu centro de traballo, recibirá como compensación as axudas de custo uqe en cada momento estean vixentes para o conxunto do sindicato nacional.

No caso de relizarse a viaxe en coche particular, a quilometraxe será en razón da cantidade en vigor no S.N., e as viaxes en transporte público, en razón do importe dos billetes.

Se por circunstancias excepcionais os gastos orixinados polo desprazamento exceden o importe das axudas de custo, o exceso será aboado trala xustificación e aprobación previa pola estructura do sindicato correspondente.

Naqueles casos en que a persoa asalariada teña que emprega-lo seu coche continuadamente para desprazamentos por mor do seu traballo (por non ser posible o emprego de transporte público), aboaráselle a diferencia entre o seguro a terceiros e o seguro a todo risco.

Artigo 19º.-Horas extras.

A realización de horas extraordinarias queda totalmente suprimida no S.N. de CC.OO. de Galicia.

Artigo 20º.-Complemento IT.

Durante os períodos de baixa, sexa cal sexa a súa orixe, os traballadores e traballadoras do S.N. percibirán o 100% do seu salario.

Artigo 21º.-Incremento salarial e revisión.

O incremento salarial para o persoal afectado polo presente convenio realizarase conforme o incremento salarial medio dos convenios negociados en Galicia, dato este que facilitará a Secretaría de Acción Sindical no mes de decembro, con efectos retroactivos desde o primeiro de xaneiro.

Non obstante, o 1º de xaneiro de cada ano realizarase un incremento á conta.

Artigo 22º.-Revisión salarial.

Finalizados os exercicios do 1998 e 1999, procederase a unha revisión salarial consistente en aplica-la diferencia positiva entre os incrementos pactados e os parámetros do IPC. Este novo incremento, no caso de se operar, conformará un novo parámetro como base de cálculo para o incremento do seguinte ano.

Capítulo VII

Garantías sociais

Artigo 23º.-Saúde laboral.

Cando existan problemas de saúde laboral, o comité comunicará á C.E. do S.N. o caso, achegando, se é posible, unha proposta de solucións.

Realizarase tódolos anos unha revisión médica a todo o persoal incluíndo revisión xinecolóxica ás mulleres. Estas revisións terán carácter voluntario.

Calquera enfermidade do traballador ou traballadora que poida diagnosticar a Seguridade Social como ocasionada polas condicións de traballo, será para os efectos deste convenio considerada como enfermidade profesional.

No caso de enfermidades profesionais non recoñecidas nas disposicións legais, o traballador ou traballadora terá dereito ós permisos retribuídos imprescindibles para a súa curación, así como ó aboamento do custo que supoña a súa rehabilitación. Para estes efectos serán necesarios -para recoñece-la

enfermidade laboral- o diagnóstico de dous facultativos, un deles elixido entre a dirección e o comité. No caso de diagnósticos contradictorios, será preciso recorrer a un terceiro facultativo.

As traballadoras, durante o período de xestación e/ou lactación, terán dereito (se así o solicitan) ó cambio do posto de traballo, cando a tarefa que realicen poida prexudica-la saúde da nai ou do feto.

Artigo 24º.-Acción social. Xubilación especial ós 64 anos.

Xubilación especial ós 64 anos.

O S.N. obrígase a substituír simultaneamente os traballadores e traballadoras de 64 anos que voluntariamente se xubilen -ó abeiro do R.D.L. 14/1981, de agosto, e demais disposicións legais concordantes-, por outro traballador ou traballadora que sexa titular do dereito a calquera das prestacións económicas por desemprego ou mozo/a demandante de primeiro emprego.

Artigo 25º.-Formación.

Establecerase un plan de formación negociado e pactado co comité de empresa e estudiarase a adaptación da xornada para posibilita-la realización dos cursos.

Para os cursos que o sindicato organice especificamente destinados ó persoal asalariado do S.N., adaptarase a xornada; pero naqueles que organice o sindicato e nos que individualmente un traballador ou traballadora decida matricularse, a dita adaptación non se fará.

Realizaranse sistemas de avaliación e de control de tódalas accións formativas pactadas co comité.

Para cursar estudios oficiais con regularidade poderase solicita-la correspondente reducción de xornada, que levará implícita a reducción de salario correspondente.

Artigo 26º.-Traballadores discapacitados.

Concepto de minusvalidez.

Entenderase por minusvalidez aquela que experimenten persoas cunhas posibilidades de integración educativa, laboral ou social diminuídas nun grao igual ou superior ó 33%, como consecuencia dunha deficiencia previsiblemente permanente, de carácter conxénito ou non, nas súas capacidades físicas, psíquicas ou sensoriais.

Cota de reserva.

A C.E. tenderá, nas novas contratacións, a empregar un número de traballadores ou traballadoras minusválidos non inferior ó 5% do cadro de persoal, entre os que se atopen inscritos como tales no correspondente rexistro de traballadores ou traballadoras minusválidos da oficina de emprego.

Non poderán considerarse dentro da cota de reserva aqules traballadores e traballadoras que adquiran unha minusvalidez como consecuencia de accidente ou enfermidade profesional ou accidente e enfer

midade común, que etivesen prestando os seus servicios para a C.E.

Reincorporación de persoal discapacitado.

A C.E. conservará o nivel salarial e profesional das persoas diminuídas que pasen a te-la consideración de tales despois dun accidente de traballo, enfermidade ou accidente non laboral, sobrevido despois do seu ingreso no S.N.

Nesta circunstancia, o S.N. verase na obriga de adapta-lo posto de traballo ás novas condicións físicas, psíquicas ou sensoriais do traballador ou traballadora, en función da súa discapacidade.

Cando os equipos profesionais consideren que a adaptación non se pode levar a cabo, daráselle ó traballador ou traballadora un posto de traballo compatible coa súa minusvalidez. O traballador ou traballadora poderá optar entre que se lle pague o salario que corresponda ó novo posto de traballo ou que se lle manteña o que en cada momento sexa asignado á categoría e posto de traballo anterior.

Selección.

Para poder concorrer ás probas de acceso a prazas reservadas para persoas minusválidas, acreditaranse, mediante certificado emitido polos equipos multiprofesionais, as capacidades residuais laborais do interesado ou interesada; así como as adaptacións necesarias para a realización das probas de selección, se isto for preciso, para garanti-la equidade da súa realización.

Relación de postos de traballo.

A comisión paritaria establecerá a relación dos postos de traballo que deban destinarse preferentemente ós minusválidos ou minusválidas e ós que se lles reserven con preferencia absoluta.

Xornada.

O persoal con minusvalidez poderá realizar unha xornada de traballo inferior á establecida no presente convenio a pedimento do interesado ou interesada. A duración adecuarase as súas condicións físicas, psíquicas ou sensoriais, e a remuneración será proporcional ó tempo de prestación dos seus servicios.

Póliza de seguros.

Establécese para todo o persoal afectado por este convenio unha póliza de seguros que cubrirá a cantidade de 3.000.000 de pesetas nos casos de morte ou invalidez por accidente. (Pendente estudio proposta por Atlantis).

Capítulo VIII

Dereitos sindicais

Artigo 27º.-Dereitos sindicais.

Tódolos previstos pola lexislación vixente e, en particular, todo o persoal asalariado do S.N., terá dereito a:

1. O persoal laboral do S.N. terá dereito a tempos retribuídos para a realización de asembleas en tempo de traballo.

2. Información relativa á actividade e xestión do S.N. en tódolos ámbitos, e a través dos distintos medios, se teñen a condición de afiliados/as.

3. Participación, mediante as persoas representantes do persoal, en tódalas funcións previstas no presente convenio.

4. Participación nas distintas actividades sindicais e culturais do sindicato.

5. Elección e revogación das persoas representantes do persoal.

Os/as representantes terán dereito a:

1. Participar nos cursos de formación sindical e profesional.

2. Os delegados e delegadas disporán cada un do crédito de horas mensuais que legalmente lles correspondan, e teñen a posibilidade de transvasalas entre eles.

3. Terán acceso á información das contas, balances e situación económica xeral do S.N. de CC.OO. de Galicia e organizacións do seu ámbito.

4. No caso de que as persoas que representan o persoal tiveran necesidade de desprazarse a algunha localidade para resolveren asuntos relacionados coas súas funcións, os gastos de desprazamento correrán a cargo do S.N.

5. Seren informados pola C.E. do S.N. das sancións ou amoestacións impostas, independentemente do seu grao, antes de facelas efectivas.

6. Serán consultados sobre calquera modificación ou variación nos contratos ou condcións laborais dos traballadores e traballadoras antes de que esta sexan feitas.

7. Terán dereito a convocar ou ser convocados pola C.E. do S.N. para trataren todas aqulas cuestións que pola súa importancia se considera que deban ser tratadas dun xeito colectivo.

O Comité Intercentros do Persoal Laboral do S.N. de CC.OO. de Galicia, estará composto polos membros do comité de empresa da Coruña, e polos delegados/as de persoal de Pontevedra, Lugo, e Ourense.

Capítulo IX

Relacións laborais

Artigo 28º.-Relacións laborais.

Será a C.E., e dentro desta preferentemente as secretarías de Organización e Servicios de cada ámbito as que desempeñen a responsabilidade e representación da comisión executiva para os efectos de RR.LL. e cumprimento do convenio.

Artigo 29º.-Faltas e sancións.

1. Faltas.

-Leves:

1. Catro faltas de puntualidade nun mes sen que exista causa xustificada.

2. Discusións que repercutan na boa marcha dos servicios.

3. Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

4. A desatención e falta de corrección no trato cos traballadores e traballadoras afiliados ou non.

5. O abandono do traballo sen causa xustificada.

-Graves:

1. Impuntualidade non xustificada en 10 ocasións en 3 meses.

2. Faltar ó traballo de dous a catro días durante un mes.

3. A simulación de enfermidade ou accidente.

4. A realización, sen permiso, de traballos particulares durante a xornada laboral.

5. Simula-la presencia doutro traballador ou traballadora utilizando calquera medio para este fin.

6. As ofensas de palabra ou de obra contra persoas, cometidas dentro do centro de traballo, cando non revista gravidade.

7. A embriaguez ocasional.

8. A neglixencia no traballo.

9. Cambiar, mirar ou remexer efectos persoais doutros compañeiros ou compañeiras sen a debida autorización.

10. A reincidencia na comisión de catro ou máis faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza e sempre que houbera sanción no período dun trimestre.

-Moi graves:

1. Faltar ó traballo durane máis de 4 días nun período dun mes, sen causa xustificada.

2. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas.

3. O roubo, tanto ós demais traballadores ou traballadoreas coma ó sindicato ou a calquera persoa dentro dos locais do sindicato ou fóra deles.

4. A reincidencia en 3 ou máis faltas graves, aínda que sexa de distinta natureza, dentro do mesmo ano, sempre que se impuxeran sancións.

5. Realización de actividades quse impliquen competencia desleal contra o sindicato.

6. A violación de segredos de obrigada reserva que produza grave prexuízo para o sindicato.

7. O abuso de autoridade exercido por quen desempeñe funcións de mando.

8. O acoso sexual.

2. Sancións.

As sancións aplicables, segundo a gravidade e circunstancias das faltas cometidas, serán as seguintes:

-Leves:

* Amoestación verbal.

* Amoestación escrita.

-Graves:

* Suspensión de emprego e soldo de 1 a 10 días.

* Inhabilitación, por un prazo non superior a 1 ano, para o ascenso a categorías superiores.

-Moi graves:

* Suspensión de emprego e soldo de 11 días a 1 mes.

* Inhabilitación durante dous anos para pasar a categorías superiores.

* Despedimento.

Para a aplicación das sancións terase en conta o maior ou menor grao de responsabilidade de quen comete a falta, a categoría profesional e repercusión do feito no resto do persoal e na actividade do sindicato.

Para proceder á imposicón dunha sanción, será imprescindible a incoación dun expediente disciplinario.

A incoación do expediente terá que comunicarse por escrito, simultaneamente, á persoa interesada e á representación do persoal, a cal poderá intervir en cantas probas se realicen.

Capítulo X

Comisión paritaria

Artigo 30º.-Comisión de interpretación, vixilancia e estudio do convenio.

Constitúese unha comisión paritaria composta por tres representantes dos traballadores e traballadoras e tres membros en representación da dirección do S.N., para resolve-las cuestións que deriven da interpretación ou aplicación do convenio.

Xuntarase a pedimento de calquera das partes mediante convocatoria expresa comunicada cun mínimo de dez días de antelación, salvo razón de urxencia acordada por ámbalas dúas partes e con indicación dos asuntos que se van tratar.

Os acordos que adopte a comisión terán forza vinculante para ámbalas dúas partes.

ANEXO I

Tabóas salariais ano 1998

Categorías14 pagas12 pagas

Limpador/a108.996127.162
Auxiliar administrativo/a108.996127.162

Categorías14 pagas12 pagas

Oficial administrativo/a121.665141.942
Colaborador/a administrativo/a148.144172.834
Asesor/a148.144172.834
Titulado/a medio/a215.616251.551
T1. Titulado/a superior187.536215.292
T2. Titulado/a superior274.471320.216
Coordinador/a337.590393.855