Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da UE IND. II-04 San Andrés de Comesaña (expediente 4139/401).

A Xunta de Compensación da Unidade de Execución (UE) IND. II-04 Santo André de Comesaña, con data do 3 de febreiro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de compensación da devandita unidade de execución, presentado no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo o 16 de febreiro pasado.

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Vigo, 4 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo