Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

Por resolución desta Alcaldía do día de hoxe, apróbase inicialmente o proxecto de estudio de detalle e o proxecto de compensación da parcela número 209 sita en Cacheiras, tramitado por instancia de Mahía Santiago, S.L.

A parcela ten unha superficie neta de 6.439, 29 m, e linda:

Norte: predio 208.

Sur: pista de acceso ó predio 246.

Leste: C-541, Santiago-A Estrada.

Oeste: predios 245, 246 e parte do camiño público.

O expediente exponse ó público na Secretaría do Concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Teo, 26 de marzo de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde