Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO.

O Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela en sesión que tivo lugar o día 5 de febreiro de 1999, aprobou definitivamente a delimitación e os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación do polígono 1 do plan parcial do SUP-5 (Choupana), promovidos pola sociedade cooperativa limitada de vivendas Vivenda Local Galega.

Contra o citado acordo os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, con data do 15 de febreiro de 1999, a Comisión de Goberno aprobou inicialmente un estudio de detalle para a reordenación do polígono 1 do plan parcial do SUP-5, promovido pola sociedade Vivenda Local Galega.

Este edicto publícase para que lle sirva de notificación ó propietario, de paradoiro descoñecido, José Fernández Guerra.

Durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, o interesado poderá solicita-la súa incorporación á xunta de compensación do polígono, así como consulta-lo expediente do estudio de detalle e formular por escrito as alegacións que coide oportunas.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 1999.

O alcalde

Rubricado