Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (5/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 18 de marzo adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de José Guede Cid, en representacion de Promociones y Construcciones y Obras Betan, S.L., o proxecto de urbanización da zona 10 B1 do SU-29 do PXOU de Ourense, condicionado ó cumprimento das condicións fixadas polo servicio eléctrico no seu informe do 5 de marzo de 1999 e logo de, constitución de garantía polo importe de 18.800.000 pts. dezaoito millóns oitocentas mil pesetas para asegura-la correcta execución das obras e o seu cáracter previo ou simultáneo coas da edificación.

2. Para poderen iniciarse as obras comprendidas no proxecto será preciso que estea definitivamente aprobado o proxecto de compensación da zona 10 B1 do SU-29.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 30 de marzo de 1999.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde accidental