Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIRA

ANUNCIO de licitación por concurso.

Cadro de características da contratación.

1. Obxecto: adquisición dun terreo dunha superficie aproximada de dous mil (2.000) metros cadrados, para destinalo a parque infantil.

2. Tipo de licitación: 3.000.000 de pesetas, IVE incluído.

3. Partida: 4.60.

4. Clasificación do contratista: non se precisa.

5. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Meira (Praza do Concello s/n, código postal 27240, teléfono: 982 33 01 02, fax: 982 33 01 02), onde se lles facilitará máis información ós interesados lexítimos que o soliciten.

6. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais contados a partir seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no BOP de Lugo, e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo, o seguinte ó da derradeira publicación.

7. Fianza provisional: 60.000 pesetas.

8. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: fondos propios, e no momento de outorgamento da escritura pública.

10. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas económico-administrativas.

Meira, 23 de marzo de 1999.

Rosendo Folgueira Valle

Alcalde

Modelo de proposición

D/Dona ....., con domicilio en ....., concello ....., C.P. ....., teléfono ....., e DNI nº ....., (ou pasaporte ou documento que o substitúa), expedido en ...., con data ....., actuando en nome propio (ou en representación de ....., con DNI, ou CIF número ....., e con domicilio en ....., teléfono ....., como acredita por .....) toma parte no concurso con procedemento aberto para adquisición dun terreo na vila de Meira para parque infantil, anunciada no BOP nº ....., con data ....., e no Diario Oficial de Galicia nº ..., con data ...; e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece un terreo de ..... m, sita en ..... cuns lindes que son ..... libre de cargas, e no prezo de ..... (en letra e número) pesetas, que significa unha baixa de ..... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que xunto a documentación esixida no prego de condicións.

En ..... o ..... de .....de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte no concurso convocado polo Concello de Meira para a adquisición dun terreo para parque infantil ..... presentada ..... por:

En ..... o ..... de ..... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)