Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo decreto da Alcaldía número 12/1999, con data do 4-2-1999, o proxecto de urbanización do cuarteirón 5, sector A, do polígono da Acea de Olga, por solicitude de Manuel Vázquez Corredoira.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla nº 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 4 de febreiro de 1999.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

Visto e prace

Ramón Jaime Arias Roca

Tenente alcalde delegado de Área