Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da planta de coxeración que se cita. (Expediente 98/603).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Servicios Energéticos Residenciales, S.L., con domicilio social no Edificio para Centro Xeriátrico, cuarteirón 9, polígono de Matogrande (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se executará na empresa situada no enderezo anterior.

Planta de coxeración consistente basicamente en grupo motor-xerador de 950 kVA de potencia aparente, tensión de xeración 400 V, que utilizará gasóleo como combustible e centro de transformación de 1.250 kVA de relación 0,4/15-20 kV.

Localización da instalación: Edificio para Centro Xeriátrico, cuarteirón nº 9, polígono de Matogrande (A Coruña).

Orzamento: 81.000.000 de ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 31 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña