Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 3.961

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 1 de marzo de 1999 pola que se nomea un vocal da mesa autonómica de control e seguimento da renda de integración social de Galicia.

Os artigos 36 e 38 da Lei 1/1999, do 5 de febreiro, pola que se modifica a Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social, dispoñen a constitución dunha mesa de ámbito autonómico, que actuará como órgano superior de control e seguimento da aplicación da renda de integración

social de Galicia e que estará integrada, entre outros membros, por sete representantes das organizacións empresariais no ámbito autonómico.

As normas de organización e funcionamento interno da mesa autonómica da renda de integración social publicadas no Diario Oficial de Galicia do 23 de outubro de 1992, por resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 9 de outubro de 1992, que rexerán mentres non se cumpra a previsión contida no artigo 38.6º da Lei 1/1999, de elaboración de novas normas de funcionamento, establecen no seu artigo 7.2º que os nomeamentos e substitucións de tódolos membros da mesa se publicarán no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, no Diario Oficial de Galicia do 14 de abril de 1997, faise pública a composición das mesas autonómica e provincial de control e seguimento da renda de integración social de Galicia. Posteriormente, con data do 4 de febreiro de 1999, foi comunicada a esta consellería a proposta da Confederación de Empresarios de Galicia, na que se acorda substituír un dos seus actuais vocais titulares na mesa autonómica.

En consecuencia, en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Aurora Carro Páramo vocal titular da mesa autonómica de control e seguimento da renda de integración social de Galicia, en substitución de Lourdes Pardo Rodríguez.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais