Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria realizada o día 29 de outubro de 1998, entre outros asuntos, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal vixentes, para cambia-la cualificación urbanística dunha parcela propiedade da empresa Urbanizadora Espamar, S.A., sita no lugar de Xobre (O Igrexario).

No seu día publicouse no BOP o anuncio de exposición pública; sen embargo, en aplicación do réxime previsto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e o disposto nos artigos 63.2º e 67 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á súa publicación do DOG, para que no prazo dun mes poidan alegar, aqueles/as que se consideren interesados/as, o que consideren oportuno no seu dereito.

A Pobra do Caramiñal, 10 de febreiro de 1999.

Ramón Rego Mieites

Alcalde