Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA MERCA

ANUNCIO de contratación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello da Merca.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: realización da obra de demolición de vivenda habitada en Corvillón.

b) Prazo de execución: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: 2ª poxa.

4. Orzamentos base de licitación.

Importe: 1.500.000 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: o 2% sobre o orzamento de licitación.

Definitiva: o 4% sobre o orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Merca. Secretaría.

b) Domicilio: estrada Ponte Sevilla-Celanova s/n.

c) Teléfono e fax: 988 26 00 00.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de propostas.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada para o efecto no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello.

d) Enderezo: estrada Ponte Sevilla-Celanova s/n, A Merca. Ourense C.P. 32830.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello da Merca, no enderezo citado.

b) Data: o seguinte día hábil ó do remate do prazo de presentación das ofertas.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Merca, 20 de febreiro de 1999.

Manuel Vázquez Outeiriño

Alcalde