Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.893

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1999 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para 1999, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira. Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelos oficiais, se recollen no anexo II e III desta resolución, respectivamente. Para participar nos cursos de linguaxe administrativa galega non será necesario presenta-lo anexo III.

2. Naqueles cursos que conten con varias edicións presentarase unha soa instancia e para unha única localidade. Nos cursos de linguaxe administrativa

galega, as persoas que desexen participar indistintamente nas edicións de xuño ou outubro, poderán indicar na instancia, se é o caso, a orde de preferencia.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

4. O prazo de presentación de instancias comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será de quince días naturais. Para os cursos que se iniciarán no mes de maio, o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 17 de abril.

5. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da escola, sita na Rúa de Madrid, 2 - 4, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda. Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira. Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 27 de xuño de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 149, do 3 de agosto).

2. Nos cursos que conten con varias edicións terá preferencia na selección efectuada para cada unha das localidades programadas o persoal que desempeñe o seu posto de traballo nelas.

3. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta. Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas que considere oportunas ou requiri-la presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta. Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para sí o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta. Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Curso: procedemento administrativo (7 edicións).

1. Obxectivos.

Profundar nos coñecementos xerais na materia e capacita-los participantes no manexo da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia interesados na materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (10 edición): 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12 e 18 de maio; (20 edición): 19, 20, 24, 25, 26, 27 e 31 de maio; 1 de xuño; A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo: 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12 e 13 de maio.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido: ámbito de aplicación. Principios. Os dereitos e deberes dos cidadáns.- O silencio administrativo.- Os interesados.- O acto administrativo. O procedemento administrativo.- Os recursos administrativos.- A responsabilidade patrimonial. A potestade sancionadora.

Curso: réxime xurídico das axudas (6 edicións).

1. Obxectivos.

Unificar criterios e perfecciona-los métodos legais de actuación de acordo co establecido nas distintas normas de axudas.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia con responsabilidade directa na tramitación e xestión de axudas e subvencións, que se atopen destinados en unidades dedicadas a esta tarefa.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 24, 25, 26, 27 e 31 de maio; 1 e 2 de xuño.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido: o procedemento das subvencións.- A súa concesión.- O pagamento das axudas.- O control das subvencións.- As subvencións no orzamento público.

Curso: procedemento administrativo sancionador (6 edicións).

1. Obxectivos.

Unificar criterios e perfecciona-los métodos legais de actuación de acordo co establecido nas distintas normas sancionadoras.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia con responsabilidade directa na tramitación e supervisión dos procedementos sancionadores que se deben incoar no seu ámbito de aplicación, que se atopen destinados en unidades administrativas con competencias sancionadoras.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 26, 27 e 31 de maio; 1, 2, 3 e 4 de xuño.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido: o procedemento sancionador.- O prego de cargos.- A audiencia do interesado.- A gradación da sanción.- A execución da sanción: a multa, o comiso, a retirada da licencia.

Curso: a nova Lei da xurisdicción contencioso-administrativa.

1. Obxectivos.

Profundar no coñecemento da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, preferentemente licenciados en dereito, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 7, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de xuño.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido: a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.- As partes: capacidade procesual, lexitimación, representación e defensa.- Obxecto do recurso contencioso-administrativo.- O procedemento contencioso-administrativo: Procedemento en primeira ou única instancia. Procedemento abreviado. Recursos. Execución de sentencias.- Procedementos especiais.

Curso: a responsabilidade penal, disciplinaria e civil dos funcionarios.

1. Obxectivos.

Profundar no coñecemento dos delictos dos funcionarios públicos no exercicio dos seus cargos, nas infraccións administrativas que producen imputabilidade disciplinaria e na responsabilidade civil.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II, con destino na administración da Xunta de Galicia, interesados na materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 7, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de xuño.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido: delictos dos funcionarios públicos no exercicio dos seus cargos: Prevaricación.- Infidelidade na custodia de documentos.- Violación de segredos.- Suborno.- Responsabilidade disciplinaria e civil.

Curso: técnicas de redacción de informes, propostas e resolucións.

1. Obxectivos.

Domina-las técnicas de redacción dos documentos administrativos complexos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxecto do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de xuño.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido: a linguaxe administrativa como linguaxe de especialidade.- Criterios xerais de estilo na redacción administrativa.- Os informes.- As resolucións.- Os recursos.

Curso: a normativa laboral. O convenio colectivo único para o persoal da Xunta de Galicia. A negociación colectiva.

1. Obxectivos.

Profundar no coñecemento da normativa laboral vixente, con especial atención á normativa autonómica.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que desempeñen postos de traballo nos que leven a cabo funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 1, 2, 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15 e 16 de setembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido: a normativa laboral.- As modificacións producidas na contratación laboral.- O réxime da Seguridade Social e o cálculo das pensións.- As empresas de traballo temporal e a súa relación coa Administración pública.- O convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.- O Servicio Galego de Colocación.- A negociación colectiva.

Curso: a expropiación forzosa.

1. Obxectivos.

Analizar e estudia-lo procedemento expropiatorio nas súas diversas partes, coa finalidade de lles facilitar ós participantes a súa xestión, con carácter eminentemente práctico.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que desempeñen postos de traballo relacionados co contido do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de xuño.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido: actos administrativos previos á expropiación.- Prezo xusto.- Xurado provincial de expropiación.- Pagamento e ocupación dos bens.- Inscrición rexistral.

Curso: a actividade supranacional da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Obxectivos.

Coñecemento do marco xurídico das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia na actividade supranacional.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 1, 2, 6, 7, 8, 9, 13 e 14 de setembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido: competencias da Comunidade Autónoma na actividade supranacional.- A doctrina do Tribunal Constitucional e a súa evolución.- O marco comparado europeo.- As relacións de Galicia cos órganos comunitarios: fases ascendente e descendente.- A cooperación interrexional e transfronteiriza.- Control de políticas e acción xurisdiccional.

Curso: dereito da competencia e axudas de Estado.

1. Obxectivos.

Coñecemento da normativa sobre a competencia e as axudas de Estado.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de setembro; 4 e 5 de outubro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido: a normativa europea sobre a competencia: fundamentos e principios.- As axudas de Estado: tipoloxía e regulamentación.- Dereito derivado da competencia: actos normativos e directrices sectoriais.- Praxe da Comisión Europea na compatibilización das axudas.- Procedemento interno de homologación. Xurisprudencia do Tribunal de Xusticia de Luxemburgo, Tribunal Supremo e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.- Controis internos e externos.

Curso: fondos estructurais comunitarios.

1. Obxectivos.

Dar a coñece-los mecanismos comunitarios de aplicación de políticas de axuste estructural, así como os seus instrumentos de xestión.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que presten servicios en unidades implicadas na posible xestión de recursos financieiros procedentes de fondos estructurais.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 4, 5, 6, 7, 11, 13, 14 e 18 de outubro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido: os fondos estructurais comunitarios. Introducción.- O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).- O Fondo Social Europeo.- O Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola (FEOGA).- O Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP).- O Fondo de Cohesión.

Curso: transposición de directivas e implementación de regulamentos e decisións.

1. Obxectivos.

Incrementa-lo índice de transposición e implementación, así como a seguridade xurídico-administrativa. Establecer unha rede permanente de seguimento no ámbito normativo comunitario. Execución inmediata das competencias autonómicas afectadas polo feito comunitario.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que realicen tarefas de informe técnico ou preparación de textos normativos en áreas afectadas por políticas comúns.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de outubro; 2, 3 e 4 de novembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 20.

4. Contido: interrelación entre competencias autonómicas e comunitarias.- Efecto directo e primacía como caracteres da norma común.- Exercicio da discrecionalidade e autonomía normativa.- Límites normativos: interpretación xurisprudencial.- Control xurisdiccional da execución do dereito comunitario.

Curso: perfeccionamiento do persoal de habilitación de gastos.

1. Obxectivos.

Análise das funcións e cometidos propios das unidades de habilitación.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, relacionados coa materia obxecto do curso, preferentemente habilitados das consellerías e organismos autónomos da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 6, 7, 8, 9, 13, 14 e 15 de setembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido: xestión orzamentaria: principios básicos.- Xestión de gastos: esquema xeral do procedemento. Os gastos menores.- Réxime de pagamentos: pagamentos en firme.- Provisión de fondos: anticipos de caixa fixa e pagamentos que hai que xustificar.

Curso: procedemento administrativo (7 edicións).

1. Obxectivos.

Profundar nos coñecementos xerais na materia e capacita-los participantes no manexo da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV da Xunta de Galicia, interesados na materia obxecto do curso

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 20, 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de setembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido: ámbito de aplicación. Principios. Os dereitos e deberes dos cidadáns.- O silencio administrativo. Os interesados.- O acto administrativo. O procedemento administrativo.- Os recursos administrativos.- A responsabilidade patrimonial. A potestade sancionadora.

Curso: a normativa laboral. O convenio colectivo único para o persoal da Xunta de Galicia. A negociación colectiva.

1. Obxectivos.

Adquirir coñecementos sobre a normativa laboral vixente, con especial atención á normativa autonómica.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV da Xunta de Galicia, que desempeñen postos de traballo nos que desenvolvan cometidos relacionados co contido do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 4, 5, 6, 7, 11, 13, 14 e 18 de outubro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido: achegamento á normativa laboral.- A contratación laboral.- O sistema de Seguridade Social.- As empresas de traballo temporal.- O convenio colectivo único do persoal da Xunta de Galicia.- O Servicio Galego de Colocación.- A negociación colectiva.

Curso: introducción á Unión Europea e as súas institucións (6 edicións).

1. Obxectivos.

Adquirir un nivel básico de coñecementos sobre as institucións da Unión Europea e o dereito comunitario, así como sobre determinadas áreas da Administración: xestión financeira, xestión de axudas, proxectos e iniciativas cofinanciadas e asistencia a nacionais europeos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV con destino na administración da Xunta de Galicia, interesados na materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 8, 9, 10, 15, 16, 17, 18 e 22 de novembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 25 por edición.

4. Contido: orixe das Comunidades Europeas.- O sistema institucional: Comisión. Consello. Parlamento. Tribunal de Xustiza. Outros órganos comunitarios.- O ordenamento xurídico comunitario: Sistema de fontes. Dereito orixinario. Dereito derivado.- Novos ámbitos de integración: A Unión Económica e Monetaria. Reforma dos tratados. Ampliación da Unión Europea.- Participación da Comunidade Autónoma galega no entramado comunitario.- Acceso á información comunitaria.

Curso: xestión de persoal.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos en materia de xestión de persoal das administracións públicas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV, destinados en unidades de recursos humanos da administración da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de outubro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido: introducción ó tema.- O persoal ó servicio das administracións públicas.- Réxime xurídico e características de xestión dos diferentes tipos de persoal.

Curso: curso básico de arquivo (7 edicións).

1. Obxectivos.

A iniciación ó tratamento documental e ás técnicas de arquivo na Administración pública.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia, pertencente ós grupos funcionariais C, D e E e laborais III, IV e V, que no desempeño do seu posto de traballo leven a cabo tarefas de arquivo de documentación administrativa.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 8, 9, 10, 15, 16, 17 e 18 de novembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido: información e documentación.- O proceso documental.- Os documentos das administracións públicas.- As técnicas de arquivo.

Curso: información e atención ó cidadán (6 edicións).

1. Obxectivos.

Comprensión dos modos de conducta e das diferentes situacións que se poden presentar no desenvolvemento dun posto de traballo de atención ó público.

2. Destinatarios.

Personal pertencente ós grupos funcionariais C, D e E e laborais III, IV e V, que ocupen postos de traballo que comporten tarefas de atención ó público e información ó cidadán.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela: 22, 23, 24, 25, 29 e 30 de novembro; 1 de decembro; A Coruña: 7, 8, 9, 17, 18, 21 e 22 de xuño; Lugo: 10, 11, 14, 15, 16, 22 e 23 de xuño; Ourense: 16,

17, 20, 21, 22, 28 e 29 de setembro; Pontevedra: 13, 14, 15, 18, 19, 20 e 21 de outubro; Vigo: 21, 22, 25, 26, 27, 28 e 29 de outubro.

3.3. Horarios: de 17 a 20.30 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido: a relación interpersoal.- Elementos básicos da comunicación.- Técnicas de información ó público.- Resolución de situacións.- A información e atención ó público na Xunta de Galicia.

Curso: as redes informáticas: a rede Internet (2 edicións).

1. Obxectivos.

Divulga-las posibilidades e vantaxes do funcionamento a través das redes informáticas.

2. Destinatarios.

Funcionarios con coñecementos informáticos. Responsables de decisión da conexión coa rede Internet. Usuarios das redes informáticas, en especial da rede Internet.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 1, 2, 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15, 16, 20 e 21 de setembro.

3.3. Horarios: (10 edición): de 17 a 19 horas; (20 edición): de 19 a 21 horas.

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido: o acceso a Internet.- As conexións.- As redes.- As páginas web e as canles de información.- As canles de diálogo.- O correo electrónico.- Os foros de discusión (news).

Curso: iniciación á informática. O procesador de textos (9 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos de informática, con especial atención ás posibilidades que ofrecen os tratamentos de textos na realización das tarefas administrativas.

2. Destinatarios.

O persoal de administración da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións): 6, 10, 11, 12, 18, 19, 20, 24, 25, 26, 27 e 31 de maio; 1, 2, 3, 7, 8, 9, 10 e 14 de xuño; A Coruña (2 edicións) , Lugo, Ourense (2 edicións), Pontevedra e Vigo: 6, 10, 11, 12, 13, 18, 19, 20, 24, 25, 26, 27 e 31 de maio; 1, 2, 3, 7, 8, 9 e 10 de xuño.

3.3. Horarios: (10 edición): de 17 a 19 horas; (20 edición): de 19 a 21 horas.

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido: arquitectura dun ordenador.- Estructura do sistema operativo.- Estructura dos discos.- Creación, edición de documentos.- Tipos de letra e impresión de documentos.- Fusións con bases de datos, mailings, etiquetas.

Curso: xestor de bases de datos relacionais (9 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos introductorios no manexo do xestor de bases de datos relacionais.

2. Destinatarios.

Personal de administración da Xunta de Galicia que no seu posto de traballo utilice bases de datos.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), Ourense (2 edicións), Pontevedra e Vigo: 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de setembro; 4, 5, 6, 7, 11, 13, 14, 18 e 19 de outubro.

-A Coruña (2 edicións): 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de setembro; 4, 5, 6, 11, 13, 14, 18, 19 e 20 de outubro.

-Lugo: 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de setembro; 4, 6, 7, 11, 13, 14, 18, 19 e 20 de outubro.

3.3. Horarios: (10 edición): de 17 a 19 horas; (20 edición): de 19 a 21 horas.

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido: conceptos sobre bases de datos.- Creación, actualización e ordenación dunha base de datos.- Deseño de etiquetas e informes.

Curso: folla de cálculo (9 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos introductorios para o manexo da folla de cálculo.

2. Destinatarios.

Personal de administración da Xunta de Galicia que no seu posto de traballo utilice folla de cálculo.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña (2 edicións), Lugo, Ourense (2 edicións), Pontevedra e Vigo: 15, 16, 17, 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de xuño.

3.3. Horarios: (10 edición): de 16.30 a 19 horas; (20 edición): de 19 a 21.30 horas.

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido: nocións de follas de cálculo.- Introducción de datos.- Os comandos da folla de cálculo.- Copias de datos gráficos.- Deseño de follas de cálculo.

Curso: curso de linguaxe administrativa para o persoal dos grupos A e B (5 edicións).

1. Obxectivos.

O estudio e aprendizaxe da linguaxe administrativa, con especial atención ás peculiariadades do idioma galego.

2. Destinatarios.

O curso vai dirixido ó persoal de administración dos grupos A e B ou asimilados da Xunta de Galicia. En igualdade de condicións que o persoal da Xunta, poderá acceder ó curso o persoal dos seguintes organismos: Consello Consultivo, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Consello de Contas. En tódolos

casos será necesario estar en posesión do certificado de perfeccionamento da lingua galega. Esta circunstancia deberá acreditarse no momento de solicita-lo curso presentando o orixinal ou copia compulsada deste certificado. Absteranse de solicitalo as persoas que xa teñan outro certificado de asistencia ou aproveitamento doutro curso de linguaxe xurídica ou administrativa.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 36 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (10 edición): 14, 15, 16, 17, 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de xuño; 1 de xullo; (20 edición): 13, 14, 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de outubro; 2 e 3 de novembro;

-A Coruña, Ourense e Vigo: 1, 2, 3, 7, 8, 9, 10, 14, 15, 16, 17 e 21 de xuño.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 25 por edición.

4. Contido: a linguaxe administrativa. A linguaxe administrativa galega. O estudio de documentos administrativos.

Curso: curso de linguaxe administrativa para os grupos C e D (14 edicións).

1. Obxectivos.

O curso ten por obxectivo o estudio e a aprendizaxe da linguaxe administrativa, con especial atención ás peculiaridades do idioma galego.

2. Destinatarios.

O curso vai dirixido ó persoal de administración dos grupos C, D ou asimilados da Xunta de Galicia. En igualdade de condicións que o persoal da Xunta de Galicia, poderá acceder ó curso o persoal dos seguintes organismos: Consello Consultivo, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Consello de Contas. En tódolos casos será necesario estar en posesión do certificado de perfeccionamento da lingua galega. Esta circunstancia deberá acreditarse no momento de solicita-lo curso presentando o orixinal ou copia compulsada deste certificado. Absteranse de solicitalo as persoas que xa teñan outro certificado de asistencia ou aproveitamento doutro curso de linguaxe xurídica ou administrativa.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas: 10 edición en Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, A Mariña, Ourense, Pontevedra e Vigo: 1, 2, 3, 7, 8, 9, 10, 14, 15 e 16 de xuño.

-20 edición en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo: 13, 14, 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de outubro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido: a linguaxe administrativa. A linguaxe administrativa galega. O estudio de documentos administrativos.

ANEXO III (*)

D..... secretario xeral/delegado provincial/responsable dos servicios de persoal na consellería/Delegación Provincial de.........

CERTIFICO:

Que don/a....., no desempeño do seu posto de traballo de..... realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso ()......

......., ..... de ..... de 1999.

Asdo.:.........

(*) Non utilizar este anexo para os cursos de linguaxe administrativa galega.

() Especifique a denominación do curso solicitado.