Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por resolución da Alcaldía con data de hoxe o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na poxa, con procedemento aberto e trámite ordinario, para a execución das obras comprendidas no proxecto de ampliación de Pontes, exponse ó público polo prazo de oito (8) días contados a partir do seguinte hábil ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Asemade anúnciase a poxa, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela.

b) Dependencia: Negociado de Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: execución das obras comprendidas no proxecto técnico de ampliación de Pontes.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 8 meses.

3. Tramitación, procemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 20.943.046 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo, Vías e Obras).

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade e código postal: Redondela CP 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría c; grupo G, subgrupo 4, categoría a.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo cadrase en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Concello de Redondela (Secretaría Xeral).

Domicilio: Alfonso XII 2.

Localidade e código postal: Redondela-36800.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 20 días naturais contados desde o seguinte ó da apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela.

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo para a presentación de ofertas. De presentarse ofertas indirectas observarase o establecido na cláusula 15ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) O modelo de proposicións axustarase á cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 9 de marzo de 1999.

Amado Ricón Virulegio

Alcalde