Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Cervo (Lugo), pola que se anuncia o concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto e urxente, conxuntamente, a obra e o seu proxecto técnico denominada: saneamento e pavimentación en Vía Láctea (Cód. 44012).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cervo.

a) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto técnico e execución das obras denominadas saneamiento e pavimentación en Vía Láctea (Cod. 44012).

Os licitadores deben presentar, xunto coa oferta económica e demais documentación esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares, o correspondente proxecto técnico, redactado de conformidade coas bases técnicas aprobadas por esta corporación municipal ó tempo que o prego de cláusulas administrativas e incluídas como anexo.

a) Lugar de execución: vías de Vía Láctea-Cervo.

b) Prazo de execución: o prazo máximo no que deberán ser executadas e entregadas as obras é de seis meses seguintes ó da formalización do contrato e realización da comprobación de replanteo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Este expediente de contratación adxudicarase pola vía de concurso e por procedemento aberto e urxente.

4. Orzamento base de licitación: total: 6.144.000 pesetas, conxuntamente co proxecto e a obra, IVE, demais impostos e gastos incluídos.

5. Garantías: garantía provisional, equivalente ó 2% do orzamento: 122.880 pesetas.

A garantía definitiva será igual ó 4% do orzamento do contrato.

6. Cada un dos pregos de cláusulas administrativas particulares, xunto coas respectivas bases técnicas e anexos, estarán á disposición dos interesados na secretaría municipal, no horario de oficinas.

7. Presentación de proposicións, xunto co correspondente proxecto técnico.

Serán presentadas polos interesados no horario de oficina, dentro dos trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación, en modelo normalizado, no BOP. Así mesmo, poderán presentarse proposicións na forma prevista na cláusula 11 do prego de cláululas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Concello de Cervo. Praza do Concello, 1-27891 Cervo.

9. Os gastos deste anuncio e outros derivados da contratación serán por conta do adxudicatario.

10. Información complementaria nos servicios administrativos e técnicos municipais en horario establecido para o efecto.

O anuncio de licitación no modelo normalizado publícase no BOP de Lugo.

Cervo, 25 de marzo de 1999.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde