Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de marzo de 1999 pola que se fan públicas as vacantes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas para o curso 1999-2000.

A base segunda da Orde do 6 de novembro de 1998 (DOG do 27 de novembro), pola que se convocaba concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas, determinaba que se convocaban as vacantes existentes no momento da convocatoria, as que se producisen ata o 31 de decembro de 1998 e as que resulten da resolución do concurso de cada corpo polo que se concursa, así como as que se orixinasen no ámbito da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a resolución dos concursos convocados polo Ministerio de Educación

e Cultura e os restantes departamentos das administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das competencias en materia educativa, sempre que se correspondan con prazas que a planificación xeral educativa prevexa que funcionen.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Publicar nos anexos I, II, III, IIV, V e VI desta orde as vacantes para o curso 1999-2000 nos colexios públicos integrados, institutos de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música e escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

Segundo.-Tódalas vacantes que figuran nos anexos poderán ser obxecto de concurso de traslados, conforme o disposto na orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria