Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de febreiro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de pleno dereito do contrato de compravenda do que é titular Isabel Pico Bouza, atendendo a cláusula XIV do contrato en relación cos artigos 1504 e 1124 do Código Civil, así como a renuncia efectuada pola súa titular.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución de pleno dereito do contrato de compravenda da súa vivenda.

Contra a dita resolución e de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, poderase interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, expido, asino e selo esta Cédula na Coruña o 24 de febreiro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial

ANEXO

Expediente: C-83/020 (desafiuzamento ocupación s/título 10/99).

Conta: 8.

Nome: Isabel Pico Bouza.

Último domicilio coñecido: r/ Avenida de Castelao 21, 4º Dta.-Esteiro (Ferrol).

Data da resolución: 19 de febreiro de 1999.