Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO sobre convocatoria de concurso de traslados.

Ó abeiro do disposto na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, en relación co establecido no capítulo IV do III convenio único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, anúnciase que están á disposición dos interesados nas dependencias do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeiro e Contable (CIXTEC), sito na rúa Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 13 26, as bases da convocatoria do concurso de traslados para o persoal integrado no citado centro.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1999.

Gonzalo Gómez Montaña

Director do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC)