Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.728

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1999 pola que se convocan unhas xornadas sobre o dereito á intimidade e á privacidade e as administracións públicas.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1999 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas xornadas sobre o dereito á intimidade e á privacidade e as administracións públicas, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Facer unha análise das nocións de intimidade e privacidade, co fin de deslindar ámbolos dous conceptos, e estudia-la súa regulamentación constitucional e legal, con especial insistencia nos problemas que a regulación actual e futura da protección dos datos de carácter persoal suscita no contexto propio da actividade das administracións públicas.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-Os dereitos da persoa no ámbito das tecnoloxías da información.

-A relación xurídica de disposición de datos de carácter persoal.

-A protección dos datos de carácter persoal no proxecto de lei orgánica de adaptación da L.O. 5/1992, do 29 de outubro, á Directiva 95/46/CE, do Parlamento Europeo e do Consello.

-A recollida e a utilización de datos de carácter persoal.

-A seguridade dos tratamentos automatizados de datos de carácter persoal e a xestión das administracións públicas.

-O tratamento dos datos médicos e xenéticos na Administración sanitaria.

-As estructuras administrativas de control da recollida e tratamento dos datos persoais automatizados.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega, e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas terán lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela) os días 26 e 27 de abril de 1999.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o xoves, día 22 de abril de 1999.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 37.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando, a partir do día 23 de abril,

por teléfono, de 10 a 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública