Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.696

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO da convocatoria pública dos postos vacantes que se relacionan, de acordo coas súas bases reguladoras.

1 Especialista en anestesia e reanimación, xefe clínico. Ref.: JAR.

Titulación: título homologado en medicina e cirurxía, con especialidade en anestesioloxía e reanimación.

Período de residencia realizado nun centro con especialidade de cirurxía cardíaca, cun mínimo de 300 intervencións con circulación extracorpórea/ano.

Experiencia: experiencia mínima de cinco anos en postos de responsabilidade, que impliquen dirección e organización de unidades de coidados postoperatorios.

Procedemento de selección: baremo de currículo (55%) entrevista persoal (45%).

2 Especialistas en anestesia e reanimación. Ref.: EAR.

Titulación: título homologado en medicina e cirurxía, con especialidade en anestesioloxía e reanimación.

Período de residencia realizado nun centro con especialidade de cirurxía cardíaca, cun mínimo de 300 intervencións con circulación extracorpórea/ano.

Experiencia: valorarase experiencia como profesional en anestesia e coidados postoperatorios en cirurxía cardíaca.

Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

1 Especialista en cirurxía cardíaca, xefe clínico Ref.: JCC.

titulación: título homologado en medicina e cirurxía, con especialidade en cirurxía cardiovascular.

Período de residencia realizado nun centro con especialidade de cirurxía cardíaca cun mínimo de 300 intervencións con circulación extracorpórea/ano.

Experiencia: experiencia mínima de dous anos como especialista en cirurxía cardiovascular, acreditando a realización dun mínimo de 300 intervencións con circulación extracorpórea/ano.

Procedemento de selección: baremo de currículo (55%) e entrevista persoal(45%).

1 ATS instrumentista. Ref.: AINS.

Titulación: título homologado de ATS/DUE.

Experiencia: mínima dun ano como instrumentista xeral, valorándose experiencia cirurxía cardíaca.

Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

1 Asistente social. Ref.:AS-RTP.

Titulación: título de asistente social.

Imprescindible dominio do galego.

Experiencia: valorarase experiencia en centros sanitarios con pacientes de tipo oncolóxico.

Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

4 Auxiliares administrativos. Ref.: AD-UAT.

titulación: titulación de FP II ou análogo. Imprescindible dominio do galego e do paquete informático Microsoft Office.

Valoraranse coñecementos de inglés falado e escrito.

Experiencia: mínima dun ano en postos administrativos, sendo alomenos seis meses en empresas vencelladas ó sector sanitario.

Valorarase a experiencia como recepcionista-telefonista, así como a atención ó público.

Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

Presentación de solicitudes:

Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículo dirixido ó Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A., Praza Europa 5A, 6ºB (15703-Santiago de Compostela), no prazo improrrogable de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, indicando no sobre a referencia á que se presenta. Deberá presentarse copia compulsada, se é o caso, dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos, e do título mínimo esixido para cada convocatoria.

Inicio das probas:

As probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Entre tódolos candidatos que non sexan elixidos e que cumpran os requisitos esixidos na convocatoria, e en función das puntuacións obtidas, confeccionarase unha lista de contratacións temporais, tendo unha vixencia dun ano.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.