Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello aprobou o día 26 de febreiro de 1999 o prego de condicións que rexerá o procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración de sinais. As unidades están fixadas no prego de condicións. A entrega realizarase no Concello de Nogueira de Ramuín.

Anúnciase simultaneamente o concurso, se ben se aprazará cando resulte necesario, de se presentaren reclama cións.

-Prezo: non se sinala. Será ofertado polos licitadores.

O orzamento máximo fíxase en 3.500.000 ptas.

-Garantías: provisional: 100.000 ptas.

Definitiva: 200.000 ptas.

-Presentación de plicas: nos trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG. (Contados desde a última publicación). Horario: das 9 horas ás 14 horas, de luns a venres, no rexistro do concello.

-Apertura de ofertas: o cuarto día hábil seguinte á apertura dos sobres B, en sesión pública na casa do concello, ás 12 horas.

Nogueira de Ramuín, 5 de marzo de 1999.

Antolín Gómez Martínez

Alcalde