Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello aprobou o día 26 de febreiro de 1999 o prego de condicións que rexerá o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da execución da subministración de material de propaganda e publicidade turística do Concello de Nogueira de Ramuín.

Anúnciase simultaneamente o concurso, se ben se aprazará cando resulte necesario, de se presentaren reclamacións.

-Prezo: 2.600.000 pesetas, IVE incluído.

-Garantías: Provisional: 52.000 pesetas.

Definitiva: 104.000 pesetas.

-Presentación de plicas: nos trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP-DOG (contados desde a última publicación). Horario: das 9 ás 14 horas no rexistro do concello, de luns a venres.

-Apertura de ofertas: o cuarto día hábil seguinte á apertura dos sobres B, en sesión pública na casa do concello, ás 12 horas.

Nogueira de Ramuín, 4 de marzo de 1999.

Antolín Gómez Martínez

Alcalde