Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUDIÑA

ANUNCIO de licitación.

Servicio: contratación da limpeza das instalacións públicas municipais e atención da conxersería do Colexio Público Integrado Laureano Prieto.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello da Gudiña.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaria.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxeto: limpieza das instalacións públicas municipais e atención da conserxería do Colexio Público Integrado Laureano Prieto.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación:

Importe total: 3.500.000 ptas.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: fixarase no acordo de adxudicación e axustarase ó disposto nos artigos 37 e seguintes da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Gudiña.

b) Domicilio: Avenida Beato Sebastián de Aparicio, nº 76, 32.540 A Gudiña. Teléfono 988 59 40 06. Fax 988 42 10 81.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Data límite da presentación: 13 días naturais contados a partir do 1º día seguinte ó da última

publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Se o último día do prazo coincidise en festivo, o prazo ampliarase ata o seguinte día natural non festivo. Non se admitirán proposicións que se achegen por correo fóra do prazo sinalado para a presentación de proposicións.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas particulares que rexe a contratación e conforme o modelo que no devandito prego se establece.

c) Lugar de presentación: oficinas xerais do concello.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello da Gudiña.

b) Domicilio: Avenida Beato Sebastián de Aparicio, nº 76, 32.540 A Gudiña.

c) Data: ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións; non se considerarán hábiles, para estes efectos, os sábados.

A Gudiña, 23 de marzo de 1999.

Guillermo Lago Pérez

Alcalde