Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía Presidencia o 2 de marzo de 1999, resolveu:

Aprobar inicialmente o estudio de detalle na rúa peonil entre a estación de autobuses e a avenida de Chile, redactado de oficio polo enxeñeiro de camiños municipal.

Ordena-la publicación deste na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de marzo de 1999.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda