Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.676

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de marzo de 1999 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG número 55, do luns 22 de marzo de 1999, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 3.230, columna esquerda, punto 7.7.2., última liña, onde di: «punto 7.4 desta convocatoria.», debe dicir: «punto 7.6 desta convocatoria.».

Na páxina 3.236, anexo I, no punto II.2.1, onde di: «Por cada ano de experiencia docente ... en centros privados.», debe dicir: «Por cada ano de experiencia docente ... en centros públicos.».

Na páxina 3.238, anexo IV, temario do corpo de profesores de música e artes escénicas (parte A e parte B), onde di: «Música de cámara BOE 27-3-1998», debe dicir: «Música de cámara BOE 27-3-1992».