Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.629

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 68/1999, do 25 de marzo, de asunción das funcións e servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia, mediante Real decreto 372/1999, do 5 de marzo, sobre traspaso complementario ó aprobado polo Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza, e a súa asignación á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Polo Real decreto 372/1999, do 5 de marzo, sobre traspaso complementario ó aprobado polo Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, trapásase a provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza á Comunidade Autónoma de Galicia.

Procede, en virtude do citado traspaso, asumir de forma expresa a devandita transferencia nos termos e condicións especificadas no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e asignárllelas ós órganos correspondentes da Administración autonómica galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan asumidos os medios materiais e económicos traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 372/1999, do 5 de marzo, complementario ó aprobado polo Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, para o funcionamento da Administración de xustiza, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó dito real decreto.

Artigo 2º

1. Asígnanselle á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais a provisión de medios materiais e económicos asumidos de conformidade co disposto no artigo anterior.

2. Os órganos da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais exercerán as atribucións que lles correspondan conforme as normas que regulan a súa estructura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dictar cantas dis

posicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto e para adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das provisións de medios traspasados.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pazo de Mariñán (Bergondo), vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública